Xornadas e cursos

Febreiro 2019

Os Faladoiros da Cátedra Juana de Vega son un espazo aberto para a discusión de cuestións relevantes do noso presente que desexamos analizar en todas as súas dimensións, con absoluta liberdade pero tamén co máximo rigor. Este faladoiro ten por obxectivo  1) Reflexionar sobre os cambios necesarios para a incorporación real da perspectiva de xénero na ciencia, 2) Coñecer a situación actual das mulleres no Sistema de Ciencia e Tecnoloxía, barreiras e estereotipos  que aínda permanecen e 3) Avanzar

12-16 de novembro 2018

Introdución e obxectivos A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega organiza, co patrocinio do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, o workshop internacional “Parque arqueolóxico do Castro de Elviña” no marco das súas actividades co obxectivo de promover o estudo, a investigación, a formación, a difusión e o intercambio de coñecementos, e a sensibilización e concienciación da sociedade en materia de paisaxe. O obxectivo do Workshop “Parque Arqueolóxico do

Introdución A Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega, coa colaboración do Grupo de Investigación de Análise Territorial (ANTE-IDEGA-USC), organiza do 26 ao 28 de outubro un novo seminario de debate e intercambio acerca da cultura propia das paisaxes de montaña. Con frecuencia a paisaxe é entendida como unha realidade desligada das actividades económicas. Como moito, asúmese que ten un valor para o turismo, en tanto que escenario que propicia a atracción de visitantes a un determinado lugar: unha

35 horas de formación en liña (8 módulos) e 9 horas de formación presencial (3 sesións de 3 horas cada unha na Fundación Juana de Vega) empregando metodoloxía "Design thinking". MÓDULOS EN LIÑA SESIÓNS PRESENCIAIS Modulo 1.- Presentación do proxecto.Módulo 2.- Seguridade alimentaria.Módulo 3.- Xestión.Módulo 4.- EtiquetaxeMódulo 5.- Canles alimentarias alternativas.Módulo 6.- Procesado de alimentos.Módulo 7.- MarketingMódulo 8.- Casos de estudo. Módulo en formato de conferencia web (4 sesións de 30 minutos)Market place.Grupos de consumidores.Comedores escolares.Agrupación de produtores. Sesión

8-10 xuño 2018

Introducción Con case o 80% da superficie municipal declarada dun ou doutro xeito como protexida, Vilariño de Conso é o quinto concello galego con máis territorio incluído dentro dunha figura de conservación da natureza. Isto xa representa de por si unha singularidade notábel, á que cómpre engadir o feito que un terzo do concello constitúe un Parque Natural, circunstancia da que non participan outros concellos situados na «banda alta» galega de contaren con moita porcentaxe protexida. Ademais, o Parque Natural

23 de marzo, 6 e 13 de abril de 2018

A participación é un elemento clave de calquera iniciativa de desenvolvemento paisaxístico o territorial que pretenda ter un impacto sostible nun territorio. É por isto que profesionais e entidades que traballan neste campo deben coñecer as estratexias e recursos que poden axudarlles a promover bases de concertación e cooperación cos públicos e axentes aos que se dirixen as súas propostas. Neste curso impártese formación práctica en metodoloxías e recursos aplicables á dinamización de procesos e eventos participativos a calquera

6 ao 8 de outubro

Introdución A Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega, coa colaboración do Grupo de Investigación de Análise Territorial (ANTE-IDEGA-USC), organiza do 6 ao 8 de outubro un seminario de debate e intercambio acerca da cultura propia das paisaxes de montaña. Aínda que a reflexión práctica se centrará na parte alta do val do río Xares (parroquias de Ponte e Vilanova, concello da Veiga), contará cunha variada participación de especialistas na materia de contextos territoriais semellantes que facilitarán e enriquecerán

Setembro 2017

Os Faladoiros da Cátedra Juana de Vega son un espazo aberto para a discusión de cuestións relevantes do noso presente que desexamos analizar en todas as súas dimensións, con absoluta liberdade pero tamén co máximo rigor. Nesta ocasión o tema elixido é o relativo á valoración económica do capital natural, que en Galicia é moi significativo, pero polo de agora, carecemos de fontes estatísticas para coñecer o seu estado e evolución; impedindo isto tamén a súa valoración axeitada en

Obxectivos Módulo 1. Criterios básicos de composición e creación.  Deseño gráfico para disciplinas técnicas. Introdución ao debuxo en CAD. O primeiro módulo do seminario está dirixido a aqueles alumnos procedentes de disciplinas técnicas que non utilizan con fluidez as ferramentas dixitais de representación gráfica. Os contidos do mesmo centraranse en facilitar a expresión dos proxectos paisaxísticos para que o alumno poida explicar, de maneira coherente e ordenada, a súa idea de proxecto a través de imaxes, planos, memorias ou

Martes 20 de xuño de 2017

Descrición Os incendios forestais constitúen unha das perturbacións máis frecuentes e importantes que sofren os ecosistemas forestais en Galicia. E supoñen unha gran ameaza para o patrimonio natural (vexetación, fauna, chan, etc.) e para o tecido socioeconómico (infraestruturas, economía, paisaxe, etc.) do medio rural galego. Nesta xornada exporanse alternativas e oportunidades para a a recuperación destes ecosistemas desde a óptica da restauración ecolóxica. Desde unha visión holística da problemática, abordaranse aqueles aspectos que poden axudar á recuperación dos procesos