
Bo Nadal e Feliz 2026!
Nestes días tan especiais, todo o equipo da Fundación Juana de Vega quere transmitirvos os nosos mellores desexos.
Dona Juana de Vega e Martínez naceu na Coruña o 7 de marzo de 1805. Os seus pais, D. Juan Antonio de la Vega, de Mondoñedo, e Dª María Josefa Martínez, de Monforte de Lemos, instaláronse na Coruña despois de que o seu pai regresase de Cuba. Neste país, Juan Antonio de la Vega, de orixe moi humilde, fixera fortuna como empresario.
Juana de Vega recibiu unha completa formación en Letras e Humanidades, ademais de inculcarlle o gusto pola lectura e a cultura en xeral, que mantivo o resto da súa vida.
A influencia dos seus pais resúmese facendo referencia aos dous eixos que marcaron a súa vida. A Juan Antonio de la Vega débelle a súa filla o seu activismo político e a Mª Josefa Martínez, a súa discreción e a súa paixón por axudar aos máis desfavorecidos.

Nestes días tan especiais, todo o equipo da Fundación Juana de Vega quere transmitirvos os nosos mellores desexos.

A principios deste outono, entre o 25 de setembro e o 3 de outubro de 2025, a Fundación Juana de Vega realizou unha misión técnica

O proxecto pecha dous anos de traballo colaborativo en cinco territorios de Galicia e Asturias, sentando as bases de modelos de xestión multifuncional replicables noutros montes.