Desenvolvemento rural

Fundación Juana de Vega

O sector agroalimentario é un dos principais motores da economía do rural galego. Por iso, unha das principais liñas de traballo da Fundación Juana de Vega céntrase na promoción de alimentos co obxectivo de contribuír a mellorar o sector empresarial agroalimentario a través do impulso á competitividade e da mellora da produtividade para impulsar o benestar e o progreso de Galicia.

As accións levadas a cabo nesta liña están enfocadas, principalmente, á formación, ao apoio ao emprendemento, á difusión e á transferencia de coñecementos para mellorar a competitividade e a modernización do sector.