Novas

A investigación do Grupo Operativo Oliveiras de Galicia define as estratexias de multiplicación para achegar once variedades autóctonas ao sector produtivo

Tres anos de ensaios confirman que as técnicas por estaca clásica e in vitro son complementarias e permiten deseñar unha estratexia específica para cada variedade. Os resultados compartidos hoxe co sector representan un paso máis para que este patrimonio xenético único poida chegar a viveiros e produtores. Xa se transferiu material vexetal aos viveiros e agora, na seguinte fase, vaise facer o escalado industrial de ambas as metodoloxías; nos próximos dous anos haberá máis planta dispoñible. O comportamento das once variedades estudadas en diferentes condicións edafoclimáticas é unha das liñas que deberá continuar máis alá deste Grupo Operativo, para orientar a investigación cara ás necesidades prácticas da futura olivicultura galega e desenvolver unha DOP de aceite de Galicia.

Ampliar

Publicada a sétima newsletter do proxecto DOWN TO EARTH

Neste sétimo número recóllese o evento de difusión celebrado a principios de xullo para compartir as principais leccións aprendidas durante os tres anos de implementación de DOWN TO EARTH en Galicia. Esta xornada tamén marcou o lanzamento de EIRA (Espazo de Innovación Rural Aplicada), unha iniciativa colaborativa baseada nos intercambios e nos resultados de investigación do proxecto.

Ampliar

Galicia explora un sistema para compensar aos viticultores polos beneficios ambientais que xeran as súas viñas

O concello ourensán de Toén acolleu un obradoiro do proxecto europeo BIOservicES para deseñar un modelo de Pagamento por Servizos Ecosistémicos adaptado ao contexto galego. A Fundación Juana de Vega, que é unha das entidades socias desta iniciativa en Galicia, colaborou activamente na preparación e organización da actividade na que participaron viticultores, adegas, administracións, persoal investigador e outras entidades vinculadas ao sector.

Ampliar

O consorcio galego do proxecto DOWN TO EARTH presenta EIRA, un novo espazo para a innovación aplicada ao desenvolvemento rural

Esta mañá tivo lugar en Santiago de Compostela a presentación de resultados do proxecto europeo DOWN TO EARTH, unha xornada coorganizada pola Fundación Juana de Vega. No evento deuse a coñecer oficialmente a iniciativa EIRA (Espazo de Innovación Aplicada), coa que se crea un marco colaborativo no territorio para unha xestión gobernada dos datos e da innovación aplicada ao desenvolvemento rural, xurdida das aprendizaxes en Galicia durante os tres anos de traballo de DOWN TO EARTH.

Ampliar

Relatorio no XIV Foro del Albariño sobre o impacto económico do viño galego, territorio e enoturismo

José Manuel Andrade Calvo, director da Fundación Juana de Vega, abriu esta mañá a segunda xornada do XIV Foro do Albariño: simbiose coa contorna e enoturismo fronte ao novo escenario global cunha ponencia na que presentou os principais datos do Informe sectorial “Viño, territorio e valor: o impacto económico das DOP vitivinícolas de Galicia”, elaborado pola Fundación Juana de Vega.

Ampliar

A Rede PAC da Unión Europea escolle Galicia para coñecer experiencias sobre recursos xenéticos vexetais

Durante unha visita técnica de dous días coñeceron o traballo do Grupo Operativo Oliveiras de Galicia para multiplicación a grande escala de plantas certificadas de 11 variedades de oliveiras autóctonas para abastecer os viveiros; e do Grupo Operativo Avea Moura para valorización deste cereal rústico, propio da nosa comunidade, e que ten unhas características agronómicas e compostos especiais. Este encontro transnacional foi unha oportunidade para visibilizar a innovación que se está facendo na nosa comunidade e para conectar o noso sector agroalimentario con outras experiencias europeas.

Ampliar

Galicia convértese en punto de encontro europeo sobre recursos xenéticos vexetais durante unha visita de estudo da Rede PAC da Unión Europea no marco do Grupo Operativo Oliveiras de Galicia

A Fundación Juana de Vega será a anfitrioa este mércores 17 e o xoves, 18 de xuño dunha “cross-visit” no marco do proxecto Grupo Operativo Oliveiras de Galicia, que coordina. O grupo de expertos da Rede PAC e representantes doutra ducia de Grupos Operativos de Romanía, Bélxica, Italia, Grecia, Croacia, Eslovenia e España desprazaranse entre a sede da Fundación en Oleiros, Valga, Brión e Carral.

Ampliar

Terceira reunión presencial do proxecto Soil&WineResidues na rexión do Baixo Alentejo

Entre o 1 e o 3 de xuño, o equipo da Fundación Juana de Vega asistiu en Beja (Baixo Alentejo, Portugal) á 3ª reunión do consorcio Soil&WineResidues, organizada por CIMBAL, como socio anfitrión. Este encontro permitiu poñer en común os avances técnicos do proxecto e extraer unha conclusión relevante do traballo desenvolvido durante o último semestre no marco desta investigación aplicada: o sector vitivinícola recoñece a necesidade de evolucionar cara a modelos máis sostibles.

Ampliar

O Foro Territorio Rural Resiliente impulsa un debate colectivo para blindar Galicia fronte ao lume

O evento final celebrarase o 28 de maio na Cidade da Cultura e reunirá a máis de 200 asistentes vinculados á investigación, sector produtivo, educación, terceiro sector, medios de comunicación, administracións, persoas expertas e particulares. Máis de 120 persoas expertas, representantes de entidades, colectivos e empresas participaron no proceso previo para identificar e priorizar medidas e liñas estratéxicas que se presentarán no encontro. Os promotores do Foro Territorio Rural Resiliente destacan que “falar do rural non é falar do pasado. É falar de como Galicia quere organizar o seu futuro”.

Ampliar