Política de privacidade
Fundación Juana de Vega
Política de privacidade
Desde a FUNDACIÓN JUANA DE VEGA entendemos que é esencial manter unha relación transparente con todas as persoas usuarias; por iso, a continuación, presentámosche a nosa Política de privacidade, para que en todo momento esteas debidamente informada acerca de como recompilamos e tratamos de forma segura calquera dato que nos facilites.¹
Os teus datos serán tratados de conformidade coa lexislación vixente e, en concreto, de acordo co establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
Unha lectura detida da nosa Política de privacidade achegarache a información necesaria para coñecer que destino lle daremos aos datos que nos proporciones.
1. Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?
Se ti, ou unha persoa autorizada, nos facilitaches os teus datos, informámosche de que a FUNDACIÓN JUANA DE VEGA, con N.I.F. G15050602, é a responsable do tratamento dos mesmos.
- Enderezo: Avda. Salvador Allende, 92. 15176 San Pedro de Nós – Oleiros (A Coruña).
- Correo electrónico de contacto: mtorres@juanadevega.org
2. Que datos persoais tratamos?
Os datos persoais que tratamos son os que as persoas usuarias deciden facilitarnos voluntariamente ao utilizar os nosos servizos, así como os derivados das comunicacións ou da relación contractual ou precontractual que manteñan connosco.
3. Cal é a finalidade e a base legal para o tratamento dos datos?
Os teus datos persoais son tratados coa finalidade de xestionar a relación que mantés connosco e cumprir coas nosas obrigas legais.
A continuación, detallamos as finalidades dos tratamentos de datos, a base de lexitimación para os mesmos e o tempo de conservación.
ACTIVIDADE DE TRATAMENTO | FINALIDADE DO TRATAMENTO | CATEGORÍA | BASE DE LEXITIMACIÓN | PRAZO DE CONSERVACIÓN |
Xestión laboral | Xestión do persoal para a formalización dun contrato laboral, control de expedientes, xestión de nóminas, control horario, formación, plan de pensións e PRL | Datos identificativos | Relación contractual | 5 anos desde a finalización do contrato |
Xestión fiscal e contable | Tratamento necesario para o cumprimento das obrigas fiscais e contables | Datos identificativos | Relación contractual | 5 anos desde a finalización do contrato |
Prevención de riscos laborais | Cumprimento da lexislación vixente en materia de prevención de riscos laborais e vixilancia da saúde | Datos identificativos | Relación contractualObrigación legal para o/a responsable | Ata a finalización da relación contractual |
Videovixilancia | Captación de imaxes polo sistema de videovixilancia e/ou sistema de alarma con captación de imaxes, para protexer os activos da entidade | Datos identificativos | Intereses lexítimos prevalentes do responsable ou de terceiros | Máximo 1 mes |
Xestión de candidatos/as a un posto de traballo | Selección de persoal e provisión de postos de traballo mediante xestión de currículos, entrevistas persoais e probas de valoración | Datos identificativos | Intereses vitais do interesado/a ou doutras persoas | Finalizado o prazo para o que se solicita cita |
Organización de eventos e actividades | Xestión e coordinación de actividades e eventos afíns á actividade da entidade. Control de asistencia e participantes | Datos identificativos | Relación contractual | Ata a cancelación e/ou oposición por parte do/a titular |
Xestión multimedia | Tratamento de imaxes e/ou vídeos para a difusión en medios de comunicación e redes sociais e a promoción das actividades | Datos identificativos | Consentimento expreso do interesado/a | Ata a cancelación e/ou oposición por parte do/a titular |
Xestión de provedores | Análise, valoración, contratación, xestión de pedidos e xestión de pagamentos a provedores | Datos identificativos | Relación contractual | 5 anos desde a finalización do contrato |
Xestión de arrendatarios | Xestión da relación cos arrendatarios | Datos identificativos | Relación contractual | O prazo legalmente establecido pola normativa específica |
Xestión de potenciais beneficiarios | Poder realizar as comunicacións necesarias cos/as beneficiarios/as das accións da fundación e/ou interesados/as | Datos identificativos | Relación contractual | Ata a cancelación e/ou oposición por parte do/a titular |
Xestión de patrimonio | Resolución de litixios derivados da xestión do patrimonio, poxa e venda de inmobles | Datos especialmente protexidos | Acto xurídico | Ata a cancelación e/ou oposición por parte do/a titular |
Xestión do padroado | Xestión do órgano de dirección da fundación | Datos identificativos | Consentimento expreso do interesado/a | Ata a cancelación e/ou oposición por parte do/a titular |
Xestión de beneficiarios | Xestión de bolseiros e beneficiarios | Datos identificativos | Consentimento expreso do interesado/a | Ata a cancelación e/ou oposición por parte do/a titular |
Control laboral | Control de asistencia dos empregados/as ao posto de traballo (vacacións, faltas de asistencia, rexistro de xornada) | Datos identificativos | Relación contractual | Ata a finalización da relación contractual |
Xestión de alumnos/as | Datos dos/as alumnos/as para contacto, xestión comercial, oferta de servizos, xestión de clases, xestión de recibos de facturación, etc. | Datos identificativos | Consentimento expreso do interesado/a | Ata a cancelación e/ou oposición por parte do/a titular |
Xestión de expedientes de alumnos/as | Datos do/a alumno/a para poder realizar o expediente académico segundo a normativa vixente na materia | Datos identificativos | Consentimento expreso do interesado/a | Ata a cancelación e/ou oposición por parte do/a titular |
Xestión de clientes | Tratamento dos datos necesarios para o mantemento da relación comercial/contractual cos clientes, a facturación, o servizo posvenda, o envío de promocións e publicidade e a fidelización | Datos identificativos | Relación contractual | 5 anos desde a finalización do contrato |
Xestión de potenciais clientes | Poder realizar as comunicacións necesarias con posibles clientes e/ou outros/as interesados/as, envío de orzamentos, tarifas, custos de produtos e demais información solicitada previa a establecer unha relación contractual | Datos identificativos | Relación comercial | Ata a perda relevante do seu uso |
Estatísticas para investigación | Análises estatísticas e investigación | Datos identificativos | Interese público ou exercicio de poderes públicosIntereses lexítimos prevalentes do responsable ou de terceiros | Ata a cancelación e/ou oposición por parte do/a titular |
Organización de eventos e actividades | Xestión e coordinación de actividades e eventos afíns á actividade da entidade. Control de asistencia e participantes | Datos identificativos | Relación contractual | Ata a cancelación e/ou oposición por parte do/a titular |
4. Serán comunicados os teus datos a terceiros?
Non haberá cesión, transmisión nin transferencia de datos persoais, salvo que esta sexa necesaria para a prestación do servizo, como consecuencia dunha obriga legal ou se se conta co consentimento expreso da persoa usuaria.
Para poder xestionar os nosos servizos de maneira eficiente, pode ser necesario contratar provedores para que traten datos baixo as nosas instrucións (por exemplo, servizos de hosting, asesoría legal ou contable). Nestes casos, o tratamento por conta de terceiros estará regulado nun contrato que garanta a confidencialidade e o cumprimento da normativa.
5. Como xestionamos as comunicacións electrónicas?
A persoa usuaria pode recibir comunicacións de índole comercial unicamente cando teña outorgado o seu consentimento de forma expresa e voluntaria.
En cada comunicación, a persoa usuaria terá a opción de opoñerse a seguir recibindo mensaxes, solicitando a súa baixa da nosa base de datos. A solicitude será procesada no menor tempo posible.
6. Cales son os teus dereitos?
A normativa de protección de datos confíreche os seguintes dereitos, que podes exercer en todo momento:
- Dereito de acceso: saber que datos teus estamos a tratar.
- Dereito de rectificación: modificar os datos inexactos ou incompletos.
- Dereito de supresión (“dereito ao esquecemento”): solicitar a eliminación dos teus datos cando xa non sexan necesarios para a finalidade para a que foron recollidos.
- Dereito á limitación do tratamento: limitar o uso dos teus datos en determinados casos.
- Dereito á portabilidade dos datos: recibir os teus datos nun formato estruturado e poder transmitilos a outra entidade.
- Dereito de oposición: opoñerte a un tratamento concreto.
- Dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado: evitar decisións tomadas exclusivamente por algoritmos.
Para exercer calquera destes dereitos, podes dirixirte por escrito á FUNDACIÓN JUANA DE VEGA á dirección ou correo electrónico indicados no apartado 1. Deberás incluír o teu nome completo, a petición que solicitas e unha copia do teu DNI ou documento acreditativo.
Se consideras que existe un problema ou unha infracción da normativa, terás dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
7. Aceptación e cambios nesta Política de privacidade
Ao utilizar o noso sitio web, enténdese que liches e aceptas as condicións desta Política de Privacidade.
A FUNDACIÓN JUANA DE VEGA reserva o dereito de modificar esta política para adaptala a cambios lexislativos ou xurisprudenciais. Recomendámosche consultar esta páxina de forma periódica para estar ao tanto das últimas actualizacións.