Publicacións

A Fundación Juana de Vega publica o Informe sectorial "Contribución dos sectores agroalimentario, forestal e pesqueiro ao crecemento da economía galega (2021–2023)". Entre 2021 e 2023, a economía galega rexistrou unha recuperación destacada, cun crecemento do Valor Engadido Bruto (VEB) do 19,5 %, impulsada pola normalización pospandemia e pola reactivación da maioría das actividades produtivas. Neste contexto de expansión

A Fundación Juana de Vega publica o Informe do sector lácteo 2025, no que dá conta da situación actual e evolución recente entre xaneiro e outubro deste ano. O sector lácteo constitúe un dos piares fundamentais da economía e do territorio rural galego, tanto polo seu volume económico como pola súa función social e territorial. A produción e transformación de

Neste informe, a Fundación Juana de Vega presenta os resultados técnico-económicos relativos a 2024 para o sector do vacún de carne a partir dunha mostra de ganderías integradas na Rede Galega de Granxas Modelo. A Rede está formada por 17 explotacións de vacas nutrices que exemplifican o que os socios do Grupo Operativo definen como "a Granxa Típica do

Neste informe preséntanse os resultados técnico-económicos relativos ao ano 2023 dunha mostra de 17 granxas de vacún de carne, elaborados a partir da información facilitada polos gandeiros integrados na Rede Galega de Granxas Modelo. A Rede está formada por explotacións de vacas nutrices que exemplifican o que os socios do Grupo Operativo definen como a Granxa Típica do modelo

A Fundación Juana de Vega publica o Informe do sector lácteo 2024, unha análise detallada da evolución da produción de leite en Galicia e da súa posición no contexto europeo. O estudo aborda o crecemento sostido do sector, a consolidación de Galicia como líder en España, a evolución das entregas e dos prezos, así como as tendencias de consumo de

Este traballo resume os principais resultados do convenio de colaboración Propiedade, mobilidade da terra e valorización territorial, subscrito entre a Fundación Juana de Vega, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Universidade de Santiago de Compostela. Aborda o funcionamento do mercado de terras rústicas en Galicia, con especial atención ás diferenzas entre as diversas partes do territorio. O

Como noutros ámbitos do sector primario galego, a forte atomización e a falta de asociacionismo provoca dificultades para competir e de acceso aos mercados exteriores, aínda que Galicia conta cunha vantaxe competitiva importante que vén determinada polas condicións climáticas e edafolóxicas. O potencial de Galicia para a produción de planta ornamental está por riba da maioría do territorio nacional

A Fundación Juana de Vega como iniciativa de desenvolvemento rural na área das Mariñas, financiou durante catro anos unha investigación para determinar o potencial do viño elaborado nesta comarca, a partir das variedades Branco Lexítimo e Agudelo. A investigación permitiu recuperar estas variedades ancestrais de Betanzos e inscribilas no rexistro oficial de variedades comercias do Ministerio de Agricultura, Alimentación

Durante os anos 2007, 2008 e 2009 a Fundación Juana de Veiga (A Coruña), a empresa The Trading House Amodia s.l. (Pontevedra) e a deputación de Pontevedra, a través da estación Fitopatolóxica do areeiro realizaron experiencias co obxecto de coñecer a evolución dos principais parámetros do froito de kiwi producido en Galicia, con particular atención ao contido en materia