Premios Paisaxe
Fundación Juana de Vega
Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe
O Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe xorde do convencemento de que a paisaxe é un elemento fundamental do patrimonio de calquera sociedade humana, por incidir directamente no seu benestar físico e espiritual e por ser un recurso socio-económico de enorme potencial.

Para poñer en valor e mellorar a calidade paisaxística do territorio, a Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega convoca este premio co obxecto de recoñecer aquelas intervencións no patrimonio natural e construído que contribúan a mellorar a calidade dos elementos que configuran a paisaxe de Galicia e que sirvan de referencia social para futuras intervencións no mesmo.
O Premio, que se convoca anualmente, consta de tres categorías:
A. Intervencións en espazos exteriores
Recoñecemento a aquelas intervencións realizadas en espazos exteriores.
B. Intervencións privadas no patrimonio construído e a súa contorna
Recoñecemento a aquelas intervencións destinadas a recuperar o patrimonio construído e a posta en valor da súa contorna.
C. Vivendas unifamiliares
Recoñecemento á mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta como de rehabilitación, que poida influír favorablemente nos tipos de vivenda que se constrúen en Galicia.