Profesorado
João Nunes
Socio Fundador e Presidente de PROAP, estudo de Arquitectura da Paisaxe conformada por un amplo equipo multidisciplinar de profesionais cunha recoñecida experiencia no ámbito da paisaxe, na súa acepción máis ampla.
Como Director Internacional é responsable da dirección estratéxica, executiva e táctica do tres oficinas internacionais: Lisboa (Portugal), Luanda (Angola) e Treviso (Italia). Desenvolve o deseño conceptual e creativo de PROAP e define a orientación estratéxica dos procesos de investigación.
Imparte clases no Instituto Superior de Agronomía de Lisboa desde 1991. Actualmente tamén imparte clases no Instituto Universitario de Arquitectura de Venecia, Universidade Politécnica de Milán, Universidade Politécnica de Turín, Facultade de Arquitectura Ludovico Quaroni da Universidade de Roma "La Sapienza", Facultade de Arquitectura de Alghero e na Accademia dei Architettura de Mendrisio.
Isabel Aguirre Urcola
Arquitecta. Directora da Escola Galega da Paisaxe, da Fundación Juana de Vega, desde a súa creación no ano 2008.
Premio Nacional de arquitectura Manuel de la Dehesa, ano 1997.
Membro do comité de Head Master do ECLAS (European Council Landscape Architecture Schools)
Autora de diversos proxectos de deseño e arquitectura da paisaxe, traballos de investigación, conferencias e publicacións.
Pedro Calaza-Martínez
Pedro Calaza-Martínez é profesor universitario na Escola Galega da Paisaxe, no Máster en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega, organizado coas Universidades de Santiago de Compostela e da Coruña. Actualmente é membro do Comité de Expertos e decano do Colexio oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia.
Doutor en Enxeñaría na rama agronómica pola Universidade de Santiago de Compostela. O seu campo principal de investigación é a integración da infraestrutura verde no medio urbano, concretamente a relación entre esta estratexia e a saúde, telexestión de rega sustentable, implantación de tellados verdes e avaliación de risco de arborado urbano. Director do Departamento de Enxeñaría e I+D+I de Malvecin, consulting profesional e empresa de construción radicada na Coruña.
Publicou diferentes artigos nacionais e internacionais sobre temas relacionados coa biomecánica, infraestrutura verde, saúde pública e deseño de espazos. Relator en diferentes congresos nacionais e internacionais en Boston (USA), Bogotá (Colombia), Praga (Checoslovaquia), Lisboa (Portugal); Milán (Italia), etc.
Gañador do premio "Juan Julio" da AEPJP polo mellor libro técnico do ano 2013 co traballo: "Avaliación de risco de arborado perigoso: principios, indicadores e métodos". Membro da asociación española de paisaxistas e de parques e xardíns públicos onde é membro da comisión de estudos de xardíns históricos.
Mercedes Máquez
Arquitecta pola ETSA da Coruña (2002), Máster en Xardinaría e Paisaxe pola Universidade Politécnica de Valencia, e doctorando en Arquitectura Paisaxista e Ecoloxía Urbana, dentro do programa LINK das universidades de Porto, Coímbra e Lisboa, teses sobre Deseño de espazo público urbano.
Membro do Grupo de investigación da Escola Galega dá Paisaxe e docente de Taller I e Taller Final de Máster no Máster Juana de Vega en Arquitectura da Paisaxe.
Experiencia profesional como arquitecta, orientada ao deseño do espazo público e da paisaxe.