Workshop internacional: AS IDADES DA AUGA. As augas construtoras de paisaxes

A Escola Galega da Paisaxe organiza do 3 ao 7 de abril, un seminario internacional centrado na Eurocidade Chaves – Verín, para estudar o papel da auga como construtora da paisaxe.

 

Eurocidade Chaves - Verín

Desde o punto de vista xeográfico a Eurocidade Chaves-Verín localízase nun gran val conectado polo río Támega e atravesado por unha falla tectónica, a fractura de Corga, causante da elevada concentración de augas minero-medicinais que levou a esta área a consolidarse como un espazo de excelencia turística termal.

A Eurocidade Chaves-Verín (ECV-AECT), ten por obxecto promover a cooperación territorial entre os seus membros en diversos ámbitos, entre os que salientan o turismo-termalismo, a cultura, o deporte e o desenvolvemento sostible.

Desde o ano 2015 a Eurocidade é membro asociado da European Historic Thermal Towns Association (EHTTA) e da European Route of Historic Thermal Towns Association do Consello de Europa, o que constitúe unha das súas apostas principais para o seu posicionamento no panorama internacional.

Atendendo ás tendencias globais, a Directiva de Asistencia Sanitaria Transfronteiriza (DAST), que ten por obxecto facilitar e garantir a mobilidade intracomunitaria dos pacientes, abre novos campos de negocio para o sector turístico e asistencial.

No caso de Chaves, o seu desenvolvemento ven acompañado dunha forte aposta cultural, coa inauguración do Museu de Arte Contemporânea Nadir Afonso, do arquitecto Álvaro Siza Vieira, do renovado centro Termal e do balneario Pedagógico, todo elo no marco do Plan Estratéxico 2020.

No caso de Verín, o desenvolvemento termal vai ligado á implantación do Plan Ourense Provincia Termal que contempla o acceso ao Parque Industrial de Cabreiroá, e a valorización do conxunto termal. Ao mesmo tempo, o municipio continúa a dinamizar o seu turismo termal, con actuacións como o pasaporte do auguista, presentado en xuño de 2016 e a finalización do novo centro cultural e das artes, mentres ve incrementarse o número de peregrinos que elixen o Camiño do Sueste-Vía da Prata para chegar a Santiago.

Neste contexto e antecedentes, é no que desexamos incorporar unha necesaria reflexión multidisciplinar dende a perspectiva da paisaxe e os tempos das augas, construtoras pretéritas destas.

Obxectivo

Desde hai miles de anos, as augas debuxaron e debuxan territorios. Hoxe é precisa unha reflexión desde o ámbito da paisaxe sobre a súa configuración, reciclaxe e ordenación. O impacto dos novos usos e as novas infraestruturas de comunicacións, o vasto Patrimonio Termal e rural abandonado e a calidade ambiental do mesmo, fan máis necesaria se cabe esa reflexión. Ademais, estas paisaxes deron lugar a un novo concepto de estudo denominado "therapeutical landscapes", no que conflúen os valores ambientais e de saúde que teñen nas orixinais paisaxes termais a súa referencia.

Este Seminario, organizado pola Escola galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega está dirixido a todas as persoas interesadas na xestión da paisaxe, e nel participarán profesores de diversos ámbitos, expertos no papel da auga como construtora da paisaxe. O programa ten por obxecto: divulgar o territorio e os recursos do lugar; incorporar o termalismo e a paisaxe como obxectos de investigación; e formular propostas que sirvan como base para a xestión e ordenación territorial de Verín – Chaves, para o desenvolvemento de futuros proxectos europeos, de selo caso.

Profesorado

JOÃO NUNES: Arquitecto Paisajista, docente en diversas Universidades, e fundador e Director do Atelier de Arquitectura Paisagista PROAP con intervencións paisaxísticas a nivel global.

PAUL T. SIMONS: Arquitecto especialista en patrimonio histórico e turismo termal, fundador de Simons Associates ex director de promoción da cidade de Bath e secretario de Great Spas of Europe.

BARBARA VAN DER WEE: Doutora Arquitecta, experta en paisaxes culturais, profesora da Universidade de Ku Leuven (Bélxica) e asesora técnica na candidatura The Great Spas of Europe.

MARIO CRECENTE: Dr Aquitecto, profesor e director de Crecente Asociados, activando os recursos naturais e culturais para un turismo sostible, con especial atención a Paisaxe Termal.

LUIS DE RAMÓN SÁNCHEZ: Xeólogo. Xefe de División de Hidroxeoloxía en Geotecnia y Cimientos SA (GEOCISA). Experto en augas termais e minerais.

MERCEDES MÁQUEZ ROEL: Master en Xardinería e Paisaxe, membro do Grupo de investigación da Escola Galega da Paisaxe e docente do Máster Juana de Vega de Arquitectura da Paisaxe.

Axenda

Luns 3 de abril de 2017

16:00 – 17:00 Recepción (Verín)
A cargo dos representantes das entidades participantes

 

17:00 – 20:00 Visita previa xeral
A cargo dun representante da Eurocidade

 

Martes 4 de abril de 2017

10:00 – 13:00 Seminario (Chaves)
Mario Crecente / Mercedes Máquez
13:00 – 16:00 Visita Ruta termal e da auga “Beber a auga” (Verín)
Xantar / Balneario de Cabreiroá / Planta embotelladora  de Cabreiroá / Balneario de Caldeliñas / Casco histórico de Verín e río
16:00 – 19:00 Obradoiro
João Nunes / Mario Creciente / Mercedes Máquez

 

Mércores 5 de abril de 2017

10:00 – 13:00 Seminario (Chaves)
João Nunes / Paul Simons
13:00 – 16:00 Visita Ruta termal e da auga “Baño Termal” (Chaves)
Balneario de Chaves (opción a baño) / Comida / Visita ao casco histórico / Visita ao paseo fluvial
16:00 – 19:00 Obradoiro
João Nunes / Mario Creciente / Mercedes Máquez

 

Xoves 6 de abril de 2017

10:00 – 13:00 Seminario (Chaves)
Barbara Van der Wee/ Luis de Ramón Sánchez
13:00 – 16:00 Visita Ruta termal e da auga “Camiñar a Auga” (Vidago)
Balneario Pedagógico
16:00 – 19:00 Obradoiro
João Nunes / Mario Creciente / Mercedes Máquez

Venres 7 de abril de 2017

Verin

10:00 – 12:00 Presentación final dos traballos

 

12:00 – 13:00 Presentación aos medios

 

13:30 – 14:00 Clausura (Verín)

DATA

3 al 7 de Abril 2017. De 10 a 19 horas. Luns de 16 a 20 h. Venres de 10 a 14 h.

LUGAR

Luns e venres: Sede Eurocidade, Verín
Martes, mércores e xoves: Fundación Nadir Afonso, Chaves

Selección de alumnos

Das inscricións formalizadas seleccionarase a un máximo de 25 participantes. Para facer a selección valorarase a adecuación do perfil académico e profesional dos solicitantes á actividade a desenvolver no workshop.

Matrícula

O importe da matrícula é de 180€: Inclúe material docente e hospedaxe en Chaves ou Verín, almorzo, café e xantar.

Matrícula reducida de 50 € para desempregados, alumnos e exalumnos do Máster de arquitectura da Paisaxe Juana de Vega, e para as persoas que non precisan de hospedaxe.

Máis información en info@juanadevega.org ou no teléfono: 981.65.46.37

Organiza

Escola Galega da Paisaxe

Patrocina

Eurocidade Chaves- Verín e Deputación de Ourense.

 

Publicación resultados Workshop

Publicación resultados Workshop