Xornadas e cursos

22 de xullo

O vindeiro mércores, 22 de xullo, terá lugar o acto de presentación do proxecto SABERES DO MONTE, unha iniciativa impulsada pola Fundación Juana de Vega xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Asociación Galega de Custodia do Territorio. O proxecto traballa para conservar e recuperar hábitats de alto valor ecolóxico en cinco zonas de montaña de Galicia, grazas ao traballo da poboación local. Para iso, promove as actividades ligadas ao territorio, como a

17 e 23 de xullo

O proxecto SoutoLAB celebra este mes de xullo unha nova actividade formativa baixo o título "Xestión produtiva dos soutos: multifuncionalidade, resiliencia e oportunidades", unha proposta que combina unha visita de campo e unha xornada divulgativa para analizar os retos e oportunidades que afrontan os soutos como espazos produtivos, ambientais e patrimoniais. A actividade desenvolverase en dúas sesións complementarias. A primeira terá lugar o venres, 17 de xullo, cunha visita de campo ao Souto de Alixo, mentres que a segunda

8 xullo 2026

A Fundación Juana de Vega vén impulsando nos últimos anos unha liña de traballo orientada á formación, á transferencia de coñecemento e ao acompañamento do sector agroalimentario galego na incorporación de prácticas máis sostibles, innovadoras e adaptadas á realidade do territorio. Neste marco organízase esta xornada de transferencia sobre xestión de cubertas vexetais en fincas rexenerativas, unha actividade que dá continuidade ao traballo desenvolvido pola Fundación arredor da agricultura rexenerativa e que recolle unha proposta formulada por Os Biosbardos

17-18 xuño 2026

O Obradoiro de enxertos de primavera (nivel iniciación) formúlase como unha actividade aliñada coa liña de formación práctica que a Fundación Juana de Vega vén impulsando en desde hai mais de 12 anos arredor do manexo de cultivos leñosos, a fruticultura atlántica e a viticultura. Nos primeiros meses do ano, a Fundación desenvolveu accións formativas vinculadas á poda de árbores froiteiras e á poda de viñedo, en colaboración co CFEA de Guísamo. Neste contexto, o Obradoiro de enxertos de

9 de xuño (Cataluña) | 10 de xuño (Galicia)

Durante case un ano e medio, a Fundación Juana de Vega (A Coruña) e a empresa Agroassessor (Girona) promovemos as "Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible" (ver máis información aquí) de forma conxunta entre Galicia e Cataluña subvencionadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Esta xornada é a quinta e última das xornadas técnicas sectoriais programadas, que, cunha duración de 7 horas, abordará os aspectos claves e específicos da produción de carne

14 abril 2026

Durante case un ano e medio, a Fundación Juana de Vega (A Coruña) e a empresa Agroassessor (Girona) promovemos as "Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible" (ver máis información aquí) de forma conxunta entre Galicia e Cataluña subvencionadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.  Esta xornada é a cuarta das xornadas técnicas sectoriais programadas, que, cunha duración de 7 horas, abordará os aspectos claves e específicos da produción de leite con enfoque rexenerativo. 

Xoves, 9 abril 2026 | 9:30 - 17:30h

Defender o prezo dun produto é hoxe unha decisión estratéxica. Nun contexto de mercados cada vez máis competitivos, é fundamental saber fixar prezos con criterio, comunicar valor e reforzar a rendibilidade. Nesta xornada de formación continúa na que volvemos colaborar coa EFA Piñeiral (Arzúa, A Coruña), abordaremos estas claves combinando visión experta e experiencias reais de empresas agroalimentarias galegas de referencia.  OBXECTIVOSAo remate da xornada, os participantes:  MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNSPrazas limitadas: 10 (asistencia sen custe) Límite de inscrición: luns, 6 abril (14:00h)  FORMULARIO

17 marzo (Cataluña) | 24 marzo (Galicia)

Durante case un ano e medio, a Fundación Juana de Vega (A Coruña) e a empresa Agroassessor (Girona) promovemos as "Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible" (ver máis información aquí) de forma conxunta entre Galicia e Cataluña subvencionadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.  Esta xornada é a terceira das xornadas técnicas sectoriais programadas que, cunha duración de 7 horas, abordará os aspectos clave e específicos da produción de froiteiras e outros cultivos leñosos.

Febreiro - Marzo 2026

A Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria (AGACAL) organizan no Centro de Formación Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo, A Coruña) un curso de iniciación á poda de froiteiras. O curso aborda as bases da poda de inverno nas árbores froiteiras máis habituais da zona atlántica. Este curso ten un enfoque eminentemente práctico, impartíndose durante o mes de febreiro e marzo de 2026. ObxectivosAo finalizar o curso, o alumnado: Docente: Jaime Pardo Casal Total de

Febreiro - Marzo 2026

A Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria (AGACAL) organizan no Centro de Formación Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo, A Coruña) un curso de perfeccionamento á poda da vide. O curso aborda as bases da poda de inverno nas viñas cun enfoque eminentemente práctico. Impartirase durante os meses de febreiro e marzo de 2026. Todas as sesións son teórico-prácticas e terán lugar no CFEA de Guísamo (AGACAL) en Bergondo (A Coruña), salvo a xornada inicial

12 febreiro (Galicia) | 19 febreiro (Cataluña)

Durante case un ano e medio, a Fundación Juana de Vega (A Coruña) e a empresa Agroassessor (Girona) promovemos as "Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible" (ver máis información aquí) de forma conxunta entre Galicia e Cataluña subvencionadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.  Esta formación é a segunda das xornadas técnicas sectoriais programadas, que cunha duración de 7 horas permitirá un achegamento específico á produción de viñedo rexenerativo.  A viticultura rexenerativa trata de

16 xaneiro (Cataluña) | 23 xaneiro (Galicia)

Durante case un ano e medio, a Fundación Juana de Vega (A Coruña) e a empresa Agroassessor (Girona) promovemos as "Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible" (ver máis información aquí) de forma conxunta entre Galicia e Cataluña subvencionadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.  Esta é a primeira das xornadas técnicas sectoriais programadas que, cunha duración de 6 horas, permitirá un achegamento específico á produción de horta rexenerativa  biointensiva.  OBXECTIVOSAo final da xornada, os participantes coñecerán