Publicacións

Este informe presenta os resultados técnico-económicos correspondentes ao ano 2025 das 17 explotacións de vacún de carne integradas na Rede Galega de Granxas Modelo. Trátase do terceiro estudo anual elaborado no marco da Rede pola Fundación Juana de Vega, despois dos realizados para os exercicios 2023 e 2024. As explotacións analizadas responden ao modelo produtivo definido polo Grupo Operativo Rede

O presente informe ofrece unha estimación actualizada e territorializada do impacto económico e social da cadea vitivinícola galega e das súas Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) no período máis recente dispoñible (2022–2024), integrando información procedente das Contas Económicas de Galicia, do Marco Input-Output e outras operacións do Instituto Galego de Estatística (IGE), do Ministerio de Agricultura (MAPA), do Censo

A Fundación Juana de Vega publica o Informe do sector lácteo 2025, no que dá conta da situación actual e evolución recente entre xaneiro e outubro deste ano. O sector lácteo constitúe un dos piares fundamentais da economía e do territorio rural galego, tanto polo seu volume económico como pola súa función social e territorial. A produción e transformación de

Neste informe, a Fundación Juana de Vega presenta os resultados técnico-económicos relativos a 2024 para o sector do vacún de carne a partir dunha mostra de ganderías integradas na Rede Galega de Granxas Modelo. A Rede está formada por 17 explotacións de vacas nutrices que exemplifican o que os socios do Grupo Operativo definen como "a Granxa Típica do

Neste informe preséntanse os resultados técnico-económicos relativos ao ano 2023 dunha mostra de 17 granxas de vacún de carne, elaborados a partir da información facilitada polos gandeiros integrados na Rede Galega de Granxas Modelo. A Rede está formada por explotacións de vacas nutrices que exemplifican o que os socios do Grupo Operativo definen como a Granxa Típica do modelo

A Fundación Juana de Vega publica o Informe do sector lácteo 2024, unha análise detallada da evolución da produción de leite en Galicia e da súa posición no contexto europeo. O estudo aborda o crecemento sostido do sector, a consolidación de Galicia como líder en España, a evolución das entregas e dos prezos, así como as tendencias de consumo de

Preséntase neste documento unha breve análise das rexións da UE-27 cunha maior produción de leite de vaca, comparando os últimos datos dispoñibles, ano 2022, respecto a 2014 e 2021. As rexións estúdanse segundo as unidades territoriais NUTS, establecidas no Regulamento Nº2066/2016 da Comisión Europea, escollendo o nivel NUTS-2 por atoparse as Comunidades Autónomas españolas neste nivel. Asúmese que esta

Preséntase neste informe unha breve análise dos principais datos das catro D.O.P. galegas de queixos (Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, Cebreiro e San Simón da Costa) desde o ano 2011 ata o ano 2022. Estes proveñen das fichas técnicas das propias Denominacións, publicadas pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), dependente da Consellería do Medio Rural, e do informe “Datos de

Preséntase neste breve informe o comercio exterior de produtos lácteos de leite de vaca de España nos primeiros 3 trimestres de 2023 e a evolución desde o ano 2019. As exportacións ata setembro de 2023 superaron as 290 mil t de produto, representando os queixos un 25% dos produtos exportados, mentres que o leite líquido e os iogures tamén

Este informe presenta os resultados técnico-económicos do ano 2022 (datos anonimizados), elaborados a partir da información facilitada por 25 granxas, visitadas ata o 6 de xullo de 2023. Estes resultados non se poden tomar como representativos do que acontece nas explotacións de Ternera Gallega Suprema, debido ao gran número de granxas existentes e a heteroxeneidade de este tipo de

Preséntase neste informe unha estimación da contribución da cadea vitivinícola á produción, ao valor engadido bruto e ao emprego da economía galega. Na segunda parte, faise fincapé na contribución das cinco Denominacións de Orixe Vitivinícolas de Galicia (Monterrei, O Ribeiro, Rías Baíxas, Ribeira Sacra e Valdeorras) á economía dos seus respectivos territorios.

A Estratexia de dinamización do sector cárnico de Galicia foi posta en marcha pola Xunta de Galicia, a través de la Consellería do Medio Rural, co obxectivo de posicionar a Galicia como unha rexión de referencia na produción de carne, cun alto nivel de competitividade e sostibilidade. O sector cárnico é un dos piares básicos da economía rural de