Os faladoiros da Cátedra Juana de Vega son un espazo aberto para a discusión de cuestións relevantes do noso presente que desexamos analizar en todas as súas dimensións, con absoluta liberdade pero tamén co máximo rigor.
O 21 de outubro de 2016 terá lugar na Fundación un novo faladoiro sobre Mecenado e financiamento universitario. Pretendemos neste faladoiro reflexionar sobre a capacidade das universidades españolas en xeral, e das galegas en particular, para a captación de fondos privados; caracterizar e establecer as diferenzas entre os modelos anglosaxón e europeo de mecenado, ou achegarnos á relación entre estas institucións e os propios mecenas. O fin último do Faladoiro é definir unha serie de propostas que poidan contribuír a incentivar por un lado, o mecenado universitario e por outro, as capacidades das universidades para incrementar a captación de fondos privados.
Relatores
- Andreu Mas – Colell. Departament d’Economia i Empresa, Universitat Pompeu Fabra: Mecenazgo universitario: reflexiones en torno a la experiencia de EEUU.
- José María Medina. Vicepresidente do Consello Científico da Fundación Ramón Areces. Ramón Areces: un mecenas clarividente
- Eduardo Marçal Grilo. Fundação Calouste Gulbenkian e Instituto Internacional Casa de Mateus: As Fundações e o conhecimento científico
No seminario participarán 20/25 asistentes convidados especialmente para a ocasión. Toda a sesión será emitida por streaming en juanadevega.org