Publicacións

A heteroxeneidade das condicións naturais que estruturan a paisaxe de Galicia e dos diferentes contextos socioeconómicos e culturais, orixina unha gran diversidade de sistemas de organización agraria, o cal se traduce nunha gran riqueza cultural e etnográfica. Entre os elementos que forman parte desta organización cómpre salientar as liñas estruturais que crean os valados por presentaren unha evidencia dos

Guía de boas practicas paisaxísticas na Terra Cha, ten como obxectivo aproximar á poboación da Terra Chá á súa paisaxe, descubrir con ela o seu valor e re­dactar unhas recomendacións que axuden a un des­envolvemento sostible do medio rural e á súa mellora paisaxística, contribuíndo á revitalización patrimonial e socioeconómica da contorna.

Este libro é o segundo volume da serie ilustrada "As novas casas galegas", no que se recollen as fotografías e planos das once casas que foron destacadas co premio, accésits e finalistas entre os anos 2007 e 2009 e conta coa colaboración dos arquitectos autores das obras que fan unha reflexión sobre a concepción do proxecto, a súa integración

Esta edición estará destinada ao alumnado e ao profesorado das distintas etapas da educación obligatoria de Galicia e estará dirixida a sensibilizar e concienciar ao alumnado galego sobre a importancia da paisaxe e da necesidade de realizar unha axeitada ordenación, xestión e conservación da mesma como elementos fundamentais para mellorar a calidade de vida da poboación.

Este libro editado conxuntamente pola Fundación e o Grupo de Acción Local Terra das Mariñas ten por obxecto poñer en valor os xardíns das Mariñas Coruñesas como elementos singulares do patrimonio e da paisaxe da Comarca, facendo realidade unha idea xurdida do “Plan de Dinamización Turístico Terra das Mariñas 2004 - 2007”.

Con esta publicación, a Fundación Juana de Vega comeza a edición dunha serie ilustrada “As novas casas galegas”, que ten como obxecto contribuír á difusión dos traballos destacados nos Premios Juana de Vega de Arquitectura para que sirvan de exemplo dunha tipoloxía de vivenda axeitada para o espazo non urbano de Galicia, que respecta o entorno e mantén a