Xornadas e cursos

6, 7 e 28 de outubro de 2023

A Fundación Juana de Vega organiza, co apoio da Deputación da Coruña, as xornadas Capital natural: identificación, contabilidade e valorización de servizos ecosistémicos da infraestrutura verde municipal. Continuando coas campañas formativas de anos anteriores en materia de infraestrutura verde e servizos ecosistémicos, a Fundación Juana de Vega acolle os días 6, 7 e 28 de outubro de 2023 esta actividade máis específica dirixida aos equipos técnicos municipais e profesionais interesados na xestión e conservación das infraestruturas e espazos verdes

18, 25 e 26 de novembro de 2022

Introdución No contexto actual de crise climática, gran desafío ao que se enfrontará o ser humano durante as próximas décadas, a necesidade de adaptación da planificación e deseño das nosas cidades e espazos públicos cara a modelos máis sostibles e racionais revélase como un dos principais retos. Esta preocupación xa foi recollida pola UE na Estratexia Europea en materia de Infraestrutura Verde, recoñecéndoa como unha ferramenta de eficacia probada para solucionar as problemáticas de perda de biodiversidade e conectividade

9 e 10 de setembro de 2022

Introdución Unha paisaxe é unha realidade física que se percibe e a percepción depende da mirada do observador. Unha mirada que está condicionada ou sesgada pola súa cultura, formación e ambiente. Debemos valorar a paisaxe só desde o punto de vista estético ou debemos entender outros beneficios da mesma? Esta é a pregunta básica que imos analizar, propoñendo para iso un obradoiro que afonde no coñecemento e posta en valor do territorio e que, ao mesmo tempo, permita avanzar

4 - 7 de Maio

Introducion A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega en colaboración do museo etnográfico Casa do Patrón, organiza o seminario internacional de paisaxe que leva por título Patrimonio rural e Paisaxe. O concepto da paisaxe toma grande relevancia dende a aprobación do Convenio Europeo no ano 2000, ao recoñecer nela o seu valor como ben “de interese xeral nos campos cultural, ecolóxico, medioambiental e social, que constitúe un recurso favorable para a actividade económica”, establecendo por tanto

Introdución A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega co patrocinio da Deputación da Coruña, organiza unha campaña formativa para a implementación dunha rede de infraestrutura verde a escala municipal na provincia da Coruña. Nas últimas décadas, os problemas ambientais foron tomando maior importancia, en particular aqueles derivados da contaminación, dunha inadecuada xestión do territorio e do gran crecemento demográfico. Iso implica a necesidade de accións directas e cambios no paradigma da ocupación e xestión do solo,

27 de setembro

Introdución Entregar unha obra de xardinería coas plantas no seu punto de tamaño e calidade é un reto para xardineiros e paisaxistas; e na medida en que o conseguen son máis competitivos nun mercado esixente. A posibilidade de dispor de estruturas como tepes, xa desenvolvidas, con planta crecida e no punto óptimo para a instalación resolverá en gran medida esta problemática, aumentará as oportunidades de éxito das obras de xardinería e paisaxismo e reducirá os custes de mantemento. Tanto

Introdución A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega co patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia, no marco do programa O teu Xacobeo, de apoio a proxectos de dinamización do Xacobeo 2021-2022, e a colaboración do Concello de Betanzos, organiza o seminario internacional da paisaxe que leva por título: O carácter da paisaxe: o camiño inglés, a vila e o viñedo das Mariñas de Betanzos. Desde a aprobación no ano 2000 do Convenio Europeo da Paisaxe,

Do 2 ao 6 de marzo de 2020

Introdución A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega co patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia, no marco do programa O teu Xacobeo, de apoio a proxectos de dinamización do Xacobeo 2021, organiza a segunda edición dos workshops internacionais de paisaxe que levan por título: Tralas pegadas do Camiño de Inverno nas paisaxes da Ribeira Sacra. Tras o workshop celebrado no mes de setembro dedicado ao tramo Quiroga Monforte nesta segunda edición traballarase no tramo Monforte

15 e 16 de novembro de 2019

Introdución A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega co patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia, no marco do programa O teu Xacobeo para a realización de proxectos de dinamización do Xacobeo 2021, organiza a xornada “A importancia do románico no Camiño de Inverno”, que se celebrará os días 15 e 16 de novembro no Parador Nacional de Monforte de Lemos. O camiño de inverno e a Ruta do Románico. O Camiño de inverno é a

Do 2 ao 6 de setembro de 2019

Introdución A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega co patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia, no marco do programa O teu Xacobeo, de apoio a proxectos de dinamización do Xacobeo 2021, organiza dous Workshops internacionais de paisaxe co título: Tralas pegadas do Camiño de Inverno nas paisaxes da Ribeira Sacra. Os workshops terán lugar en setembro de 2019 e marzo de 2020 estando dedicado o primeiro deles ao tramo que vai dende Quiroga a Monforte

Introdución A aldea do Couto, Ponteceso, na Costa da Morte A Fundación Juana de Vega a través da Escola Galega da Paisaxe en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal e o patrocinio do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda organiza o Obradoiro: Revitalizar a paisaxe rural. Aldea de Couto no marco das súas actividades co obxectivo de promover o estudo, a investigación, a formación, a difusión e o intercambio de coñecementos, e a

12-16 de novembro 2018

Introdución e obxectivos A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega organiza, co patrocinio do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, o workshop internacional “Parque arqueolóxico do Castro de Elviña” no marco das súas actividades co obxectivo de promover o estudo, a investigación, a formación, a difusión e o intercambio de coñecementos, e a sensibilización e concienciación da sociedade en materia de paisaxe. O obxectivo do Workshop “Parque Arqueolóxico do