Estatutos

Artigo 1º.
A presente Fundación foi constituída pola vontade da Excma. Sra. Dona Juana María de la Vega e Martínez Losada, Condesa de Espoz e Mina e cualificada como de Beneficencia Particular Docente por Real Orde do Ministerio de Instrucción Pública e Belas Artes de 30 de xuño de 1925. A súa denominación actual é FUNDACION JUANA DE VEGA, ten o seu domicilio na parroquia de San Pedro de Nós, Rúa Salvador Allende s/n, Concello de Oleiros (A Coruña), está constituída de acordo coa lexislación aplicable e sometida ao Protectorado da Xunta de Galicia.

Artigo 2º.
A vontade fundacional está recollida no testamento cerrado da fundadora, outorgado o 31 de maio de 1.869 e ordenada a súa protocolización por auto xudicial do 22 de Xuño de 1872, que deberá servir de referencia aos membros do Padroado da Fundación para interpretar estes estatutos.

Artigo 3º.
 O obxecto desta Fundación é promover, mediante as iniciativas que estime precisas, por si soa ou en colaboración con persoas ou entidades públicas ou privadas, o coñecemento, a conservación e o desenvolvemento do medio rural de Galicia, con especial dedicación á investigación, á innovación, á formación da súa poboación activa, a preservación da súa contorna natural e cultural e a mellora da súa base económica e das actividades con ela relacionadas. A Fundación tamén impulsará o coñecemento da vida e obra da súa fundadora e do seu contexto histórico.

Nas actividades que realice a Fundación terán preferencia en igualdade de circunstancias, os veciños de San Pedro de Nós e San Jorge de Iñás.

Artigo 4º.
O goberno, a representación e dirección da Fundación corresponden a un Padroado composto por un máximo de nove e un mínimo de seis persoas físicas, nomeadas con carácter vitalicio.

As vacantes no órgano de goberno da Fundación serán cubertas por designación do Padroado, que se efectuará de acordo co seguinte procedemento:

Cada dous membros do Padroado poderán propoñer un candidato e, de entre os propostos, designarase aquel que en primeira votación secreta obteña os dous tercios dos votos emitidos. Se ningún resultase así elixido, procederase a unha nova votación e resultará elixido quen obteña máis votos dos emitidos. Se houbese un só candidato será suficiente, para aprobar a proposta, o voto favorable da maioría dos patróns presentes e representados.

Artigo 5º.
O Padroado, por elección entre os seus compoñentes, designará os seguintes cargos: Presidente, Vicepresidente e Secretario. A elección acordarase por maioría simple dos membros presentes e representados. De existiren varios cargos vacantes, a elección realizarse na orde en que se relacionan nestes estatutos. Un Patrón non pode desempeñar máis dun cargo simultaneamente.

Artigo 6º.
Os patróns cesarán nos seus cargos:

  • Por renuncia, que producirá efectos dende que se comunique ao Padroado.
  • Por incapacidade, inhabilitación ou incompatibilidade de acordo co establecido nas leis.
  • Por resolución xudicial.
  • Por morte ou declaración de falecemento.
  • Por calquera outras causas establecidas nas leis.

Artigo 7º.
Os membros dos órganos de goberno da Fundación exercerán o seu cargo gratuitamente. Non obstante, terán dereito, xustificándoo previamente, a que se lles aboen os gastos que o exercicio do cargo lles produza, incluídos os de viaxe, para a asistencia a reunións ou a realización de misións, relativas á Fundación, que se lles encomenden.

Artigo 8º.
O Padroado reunirase, ao menos, unha vez por semestre.

As reunións do Padroado serán convocadas polo Presidente, cun mínimo de dez días de antelación á data de celebración, mediante comunicación persoal cursada polo Secretario, empregando un medio que permita deixar constancia da súa recepción.

Non é preceptiva a convocatoria previa si están presentes todos os membros do Padroado e se acordase por unanimidade a celebración da reunión.
Na convocatoria deberase fixar o lugar, día e hora da reunión e a orden do día ou lista de asuntos que van ser sometidos a deliberación, acompañados da información pertinente.

Os patróns poderán delegar a súa representación noutro membro do Padroado mediante comunicación dirixida ao Presidente.

Artigo 9º.
Para que o Padroado quede validamente constituído será necesario que estean presentes ou representados máis da metade dos patróns.

Os acordos adoptaranse por maioría absoluta dos asistentes e representados, excepto nos casos nos que estes estatutos ou a lexislación vixente establezan maiorías cualificadas.

Artigo 10º.
Corresponde ao Presidente:

  1. Convocar, fixar a orde do día e presidir as reunións do Padroado, dirixindo as súas deliberacións e sometendo os asuntos a votación. Ordenará que na acta consten os votos particulares e as salvaduras do voto que se formulasen.
  2. Ostentar a representación do Padroado.
  3. Contratar e separar ao persoal, propoñer ao Padroado a planificación do desenrolo de actividades, as medidas básicas para a xestión dos recursos e a estructura organizativa da Fundación.
  4. Dirixir a actividade corrente da Fundación.
  5. Executar os acordos do Padroado, sempre que non se designe a outro patrón para facelo.
  6. Calquera outra función que se lle asigne na lei aplicable.

Artigo 11º.
Corresponde ao Vicepresidente substituír ao Presidente nos casos de ausencia, incapacidade ou incompatibilidade do Presidente.

Artigo 12º.
Corresponde ao Secretario:

  1. Levantar acta das reunións do Padroado.
  2. Certificar os acordos do Padroado e calquera outro feito relativo á Fundación.

No caso de ausencia, incapacidade ou incompatibilidade, o Secretario será substituído polo patrón de menor idade que non exerza nese momento ningún dos cargos fixados nestes estatutos.

Artigo 13º.
O Patrimonio da Fundación está constituído por bens e dereitos de diversa natureza, estando os susceptibles diso inscritos nos rexistros correspondentes e figurando todos nos seus inventarios.

Artigo 14º.
O Padroado da Fundación administrará estes bens e poderá incorporar ao Patrimonio outros adquiridos por calquera títulos admitidos en Dereito. Asemade poderán gravar os bens patrimoniais con dereitos reais de toda natureza, cedelos en arrendo e vendelos a título oneroso, reinvestindo os prezos ou contraprestacións recibidas, sen máis límites que os legais; tendo en conta que cando se trate da venta de inmobles será imprescindible que se realice en poxa pública.

Os bens inmobles que o Padroado asignase a fins fundacionais, na última Memoria anual, unicamente poderán ser cedidos de forma estable para actividades que patrocine a propia Fundación, anque non sexan directamente desenroladas pola mesma.

Artigo 15º.
Las actividades y servicios prestados directamente por la fundación a sus beneficiarios podrán ser retribuidos cuando concurran las condiciones establecidas en la legislación aplicable.

Artigo 16º.
Nos seis meses posteriores ao peche de cada exercicio, a Fundación aprobará e presentará ao Protectorado unha Memoria anual que conterá, como mínimo, o seguinte:

  1. Un balance de peche do exercicio anterior.
  2. O inventario de bens da Fundación con indicación expresa dos asignados a fins fundacionais.
  3. Un informe sobre a xestión económica do Padroado relativo a administración dos bens que constitúen o patrimonio fundacional.
  4. Actividades realizadas durante o ano con detalle das condicións básicas nas que se levaron a cabo.
  5. Cambios no órgano de Goberno.
  6. Relación dos membros do padroado cos cargos que ocupen.
  7. Cambios na forma na que está organizada a Fundación.
  8. Detalle da liquidación do orzamento ordinario do exercicio.

Artigo 17º.

  1. Antes do inicio de cada exercicio, o Padroado da Fundación aprobará e remitirá ao Protectorado o orzamento de ingresos e gastos para dito exercicio, que no poderá ser presentado con déficit. Este documento, coas salvidades que o Protectorado estime, constitúe o marco económico no que a Fundación desenrola a súa actividade.
  2. Destinará como mínimo á realización das finalidades fundacionais a porcentaxe dos ingresos correntes previsto pola Lei de Fundacións de Interese Galego. Exclúense desta obriga as doazóns que, ao longo do exercicio, pasen a formar parte da dotación da Fundación.

Aos efectos do parágrafo anterior, os ingresos calcularanse deducindo dos ingresos brutos os gastos necesarios para a obtención dos mesmos, entre eles os tributos e as amortizacións.

Dentro das porcentaxes de ingresos que deben destinarse á realización da finalidade fundacional incluiranse os gastos xerais que razoablemente esixa o desenrolo de tales fins.

Artigo 18º.
O Padroado deberá confeccionar e presentar ao Protectorado un orzamento extraordinario cando se trate de levar a cabo actuacións excepcionais, non incluídas nos orzamentos ordinarios. Estes orzamentos poderán ter duración distinta ao ano natural e deberán ser equilibrados.

Artigo 19º.
En calquera suposto de extinción serán liquidadores os mesmos patróns, os cales darán o neto resultante da liquidación a aquela institución privada, constituída sen ánimo de lucro, cuxos fins estimen sexan análogos aos desta Fundación