O sector do vacún de carne é fundamental para o mantemento do rural galego. Contribúe de maneira especial á xestión do territorio e á conservación da paisaxe en mosaico agroforestal, tan característico da nosa comunidade. Conscientes desta realidade, o consorcio de Grupo Operativo Rede Galega de Granxas Modelo estableceu unha rede de granxas de vacún de carne representativas da realidade do sector en Galicia que achega datos técnicos e económicos para a elaboración de estudos anuais de custos. Estes
Un cereal milenario que naceu en Galicia e conquistou Europa regresa para reivindicar o seu lugar no futuro da agricultura sostible. A avea negra destaca pola súa resistencia, polos seus beneficios para a saúde e polo seu potencial na creación de produtos innovadores. Alta cociña, panadaría e cosmética únense nesta xornada para recuperar esta xoia esquecida do noso campo e abrir novas vías de desenvolvemento rural. Un espazo para compartir coñecemento, inspiración e novas oportunidades entre profesionais e amantes do sector. O consorcio
A Fundación Juana de Vega organiza este webinar no marco do proxecto ECOSPHEREWINES, cofinanciado por Interreg Sudoe, que busca mellorar as paisaxes vitivinícolas como recurso ambiental, económico e turístico fundamental no espazo SUDOE. Tras un ano e medio de traballo, e coa participación activa dun consorcio transnacional, o proxecto avanza cara á implementación dunha rede de infraestrutura verde en catro zonas de alto valor ecolóxico. Este webinar será unha oportunidade para poñer en común os progresos realizados nas diferentes
O próximo mércores, 12 de marzo (16:30 a 18:30h), os socios do Grupo Operativo Oliveiras de Galicia organizamos, xunto coa Asociación de Productores de Aceite e Aceituna de Galicia (APAAG) e o IES O Ribeiro, a xornada de transferencia "Avances na produción de planta certificada de oliveiras autóctonas de Galicia". O obxectivo deste encontro é manter informado ao sector sobre os avances do GO Oliveiras de Galicia, tanto dos resultados preliminares de micropropagación in vitro como da multiplicación por
O próximo martes, 24 de setembro (desde 17:30h) o consorcio do Grupo Operativo DIXITEGA organiza a xornada final para presentar os resultados deste proxecto de investigación aplicada na sede do Consello Regulador das IXP de Carne de Vacún de Galicia, en Santiago de Compostela. Desde 2022, e durante tres anos, o consorcio do Grupo Operativo DIXITEGA estivo traballando man a man co sector para desenvolver a plataforma dixital dixitega.com; un novo espazo dixital en permanente actualización e accesible 24/7
A Fundación Juana de Vega organiza este taller no marco do proxecto ECOSPHEREWINES (cofinanciado por Interreg Sudoe) co obxectivo de contribuír á caracterización paisaxística dos pilotos que se van a realizar en España-Portugal e Francia. Entre os meses de xuño e xullo, ademais desta actividade que levará a cabo na IXP Betanzos, localizada na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (Galicia), realizaranse outros tres talleres participativos na Reserva de Biosfera transfronteiriza Meseta Atlántica (DO Arribes, en
A sede da Misión Biológica de Galicia (MBG - CSIC) acollerá a xornada de presentación do Grupo Operativo para a multiplicación a grande escala de oliveira autóctona (propagación por estaca e micropropagación in vitro). O evento terá lugar o próximo venres, 26 de abril de 11:00 a 13:00h. Con este proxecto de I+D+i búscase poñer a punto e optimizar técnicas ad hoc para reproducir once variedades únicas de oliveiras autóctonas galegas que permitan prover aos viveiros, de forma eficiente e
Xoves 22 e venres 23 de febreiro | A Coruña · Cambre · As Pontes de García Rodríguez
Debater e actuar sobre un modelo que vai máis aló da sostibilidade Hoxe en día, as prácticas agrícolas e gandeiras sostibles xa non son suficientes nun planeta moi deteriorado que sofre unha degradación e ameazas sen precedentes: erosión e perda de solo fértil, escaseza de auga, contaminación, destrución de ecosistemas naturais, desabastecemento,... En xeral, as consecuencias do cambio climático. Neste contexto, é necesario avanzar cara ao seguinte nivel: as prácticas rexenerativas. Coa celebración das I Xornadas Científico-Técnicas sobre
Desde setembro de 2020, a Fundación Juana de Vega traballa no proxecto FOODIMPROV'IDERS en colaboración con cinco entidades europeas. Este proxecto forma parte da convocatoria Erasmus+ (Asociacións estratéxicas KA204 para a educación de adultos) e o seu principal obxectivo é axudar aos produtores primarios da UE a adquirir coñecementos e habilidades para desenvolver modelos de comercialización baseados en circuítos curtos que lles permitan vender os seus produtos.Estes modelos, estreitamente vinculados a un territorio, presentan numerosas vantaxes, como a mellora
No marco do proxecto Erasmus + "FOODIMPROV'IDERS" no que a Fundación Juana de Vega participa con outros 5 socios de Francia, Italia, Hungría, Eslovenia e Bulgaria, elaborouse o curso modular en liña "Canles curtas de comercialización no sector agroalimentario" Este ano abrimos a inscrición definitiva aos módulos en liña de xeito gratuíto para todas as persoas interesadas. A oferta online complétase cun obradoiro de emprendemento e un programa de conferencias web curtas entre os meses de febreiro e xuño. Inscrición gratuíta aberta de
A Misión Biolóxica do CSIC, a Fundación Juana de Vega e a Asociación de Produtores de Aceite de Oliva de Galicia presentan os resultados finais do proxecto de investigación “Caracterización e recuperación de variedades autóctonas de oliveira de Galicia” financiado pola Fundación Juana de Vega entre o anos 2017 e 2021. O proxecto foi desenvolvido polo Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia (Pontevedra) do Consello Superior de Investigacións Científicas, dirixido por Carmen Martínez Rodríguez, grupo que desenvolve
"Proporcionar aos produtores o coñecemento adecuado para desenvolver novos modelos de cadeas alimentarias curtas e sostibles que melloren os seus ingresos e aumenten a satisfacción dos consumidores" Introdución A Fundación Juana de Vega participa xunto con 5 entidades europeas no proxecto FOOD IMPROV´IDERS (https://foodimproviders.eu/) da convocatoria Erasmus + (KA204 Strategic Partnerships for adult education). Durante 36 meses (setembro 2020-agosto 2023), o proxecto abordará o deseño, desenvolvemento e proba en contornos de formación B-learning de contido pedagóxico que axude á