Novas

O Foro Territorio Rural Resiliente impulsa un debate colectivo para blindar Galicia fronte ao lume

O evento final celebrarase o 28 de maio na Cidade da Cultura e reunirá a máis de 200 asistentes vinculados á investigación, sector produtivo, educación, terceiro sector, medios de comunicación, administracións, persoas expertas e particulares. Máis de 120 persoas expertas, representantes de entidades, colectivos e empresas participaron no proceso previo para identificar e priorizar medidas e liñas estratéxicas que se presentarán no encontro. Os promotores do Foro Territorio Rural Resiliente destacan que “falar do rural non é falar do pasado. É falar de como Galicia quere organizar o seu futuro”.

Ampliar

A Cátedra Juana de Vega estrea o documental "Un mar de mulleres"

O documental analiza  a importancia do traballo feminino nas industrias do mar de Galicia. A través de entrevistas realizadas a mulleres ocupadas no sector pesqueiro e de transformados da pesca o documental dá conta da súa participación laboral, da fenda salarial de xénero así como dos cambios nas condicións laborais no período que cubre o último terzo do século XX e o primeiro do XXI.

Ampliar

A exposición "As mulleres e o mar" percorrerá Las Palmas de Gran Canaria

A exposición “As mulleres e o mar”, na súa versión en español poderá visitarse en Las Palmas de Gran Canaria. Nunha primeira fase, a través da Red de Bibliotecas Violeta, a percorrerá as bibliotecas universitarias e os concellos da illa. A estadía xorde tras o acordo entre a Cátedra Juana de Vega co Ayuntamiento e co Cabildo de Las Palmas de Gran Canaria.

Ampliar