Xornadas e cursos

Xoves, 21 de marzo de 2024

O vindeiro xoves, 21 de marzo terá lugar na sede da Fundación Juana de Vega en Oleiros (A Coruña) a presentación do proxecto ECOCOMEDORES DA BIOSFERA II: avanzando cara á optimización produtiva, comercial e loxística, que desenvolveremos xunto á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, e a Escola Infantil Municipal A Caracola (A Coruña), co apoio da Fundación Daniel y Nina Carasso.  O proxecto ECOCOMEDORES xurdiu en 2015 como unha alianza entre produtores, centros escolares e

Febreiro 2019

Os Faladoiros da Cátedra Juana de Vega son un espazo aberto para a discusión de cuestións relevantes do noso presente que desexamos analizar en todas as súas dimensións, con absoluta liberdade pero tamén co máximo rigor. Este faladoiro ten por obxectivo  1) Reflexionar sobre os cambios necesarios para a incorporación real da perspectiva de xénero na ciencia, 2) Coñecer a situación actual das mulleres no Sistema de Ciencia e Tecnoloxía, barreiras e estereotipos  que aínda permanecen e 3) Avanzar

Setembro 2017

Os Faladoiros da Cátedra Juana de Vega son un espazo aberto para a discusión de cuestións relevantes do noso presente que desexamos analizar en todas as súas dimensións, con absoluta liberdade pero tamén co máximo rigor. Nesta ocasión o tema elixido é o relativo á valoración económica do capital natural, que en Galicia é moi significativo, pero polo de agora, carecemos de fontes estatísticas para coñecer o seu estado e evolución; impedindo isto tamén a súa valoración axeitada en

Outubro 2016

Os faladoiros da Cátedra Juana de Vega son un espazo aberto para a discusión de cuestións relevantes do noso presente que desexamos analizar en todas as súas dimensións, con absoluta liberdade pero tamén co máximo rigor. O 21 de outubro de 2016 terá lugar na Fundación un novo faladoiro sobre Mecenado e financiamento universitario. Pretendemos neste faladoiro reflexionar sobre a capacidade das universidades españolas en xeral, e das galegas en particular, para a captación de fondos privados; caracterizar e establecer as

Marzo 2016

Os faladoiros da Cátedra Juana de Vega son espazos de discusión e debate abertos arredor dun tema ou un problema importante do presente e do pasado que queremos analizar en toda a súa dimensión e con toda libertade pero con todo o rigor, enlazando o coñecemento e a perspectiva universitaria co coñecemento e a perspectiva profesional e dos sectores implicados. Concíbese pois como unha ponte e un punto de encontro. O 3 de marzo de 2016 terá lugar na

Xullo 2015

A crise actual puxo en evidencia o drama da desigualdade, sobre todo porque se fixo máis visible nos países ricos. Deste xeito, a vella cuestión social, debatida en repetidas ocasións desde o século XIX, está a adquirir unha gran relevancia no ámbito científico, social e político. Boa proba disto son os inxentes traballos académicos publicados sobre esta temática nos últimos anos e a súa presenza habitual en titulares de prensa e debates. Hoxe en día a "nova cuestión social"

Outubro 2014

Neste Faladoiro sinténtase reflexionar sobre a valoración da opinión pública das institucións españolas antes da crise ata o presente. No caso español o malestar da democracia non se reduce aos resultados socio - económicos da acción pública ou a falta de soberanía, apreciase unha degradación das institucións democráticas no plano estritamente político, unha incongruencia entre os principios democráticos e as prácticas realmente existentes. Pero esta cuestión non é exclusiva de España sino que tamén se produce noutras sociedades avanzadas occidentales sendo

Abril 2014

Este faladoiro ten por obxecto analizar a imaxe externa (e interna) de Galicia no mundo, valorar os retos e limitacións da posición xeográfica que ocupa e inserila nun contorno europeo de crise económica. Coordinador: Ramón Villares Relatores:

Xullo

Congreso: Poder e territorio na España do seculo XIX. Das cortes de Cádiz á restauración Presentación: A conmemoración do bicentenario da Constitución de 1812 estimula a reflexión sobre a natureza da revolución liberal española e a súa incidencia en todas as dimensións da existencia social, desde o sistema político e as ideoloxías e identidades ata os cambios sociais e económicos. A Cátedra Juana de Vega decidiu escoller, para esta edición do seu congreso bianual, un aspecto, a cuestión territorial,

Xullo 2010

Presentación Ao longo do ano 2010 vaise celebrar o bicentenario do que moitos países de América consideran o inicio da súa independencia. Estamos, por tanto, ante un bicentenario de unha extraordinaria relevancia para entender e interpretar o sentido histórico do espazo compartido entre España e América. É un momento especialmente propicio para que poidamos reformular o sentido das nacións, os pobos, o constitucionalismo, a modernidade, o liberalismo e a construción dos Estados nese espazo rico e plural. No congreso