Cátedra Juana de Vega

Fundación Juana de Vega

Cátedra Juana de Vega

Dende 2005 a Fundación Juana de Vega participa na Cátedra Juana de Vega – xunto coa Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela- para promover o coñecemento da vida e obra de Dª. Juana de Vega, así como o seu contexto histórico.

O 22 de decembro de 2005, a Fundación Juana  de Vega asinou coa Universidade de Santiago de Compostela un acordo para a creación da Cátedra Juana de Vega no seo do extinto Departamento de Historia Contemporánea e de América (agora Departamento de Historia) da Facultade de Xeografía e Historia. 

Fundación Juana de Vega

O obxectivo desta Cátedra é promover o debate, a reflexión, a investigación e o desenvolvemento de actividades que conduzan á realización de estudos e proxectos de investigación, así como a formación e divulgación de traballos relacionados coas seguintes materias:

  1. Historia das mulleres: o seu papel na política, economía e sociedade de Galicia.
  2. Investigacións sobre a vida e obra de Juana de Vega no contexto da historia do liberalismo galego.
  3. As iniciativas e procesos modernizadores do sector primario de Galicia (séculos XIX e XX).

Dirección

Desde o inicio da Cátedra no ano 2005, a dirección estivo a cargo de:

  • José Ramón Barreiro Fernández (2005- 2012)
  • Justo Beramendi González (2012-2014)
  • Lourenzo Fernández Prieto (2014- 2021)
  • Luisa Muñoz Abeledo (2022) ​