Xornadas e cursos

Descrición No 2004 a Society for Ecological Restoration definiu a Restauración Ecolóxica do seguinte xeito: “ciencia que asiste á recuperación dos ecosistemas danados, degradados ou destruídos”. A explotación de recursos mineirais implica a destrución dos ecosistemas precedentes polo que a súa reconstrución nunca será un obxectivo real. Fronte ás técnicas convencionais de restauración, de forte carácter agronómico, a restauración ecolóxico incorpora unha visión holística que permite a recuperación dos procesos naturais bloqueados cara un novo ecosistema autosuficiente. A innovación

Outubro 2016

Os faladoiros da Cátedra Juana de Vega son un espazo aberto para a discusión de cuestións relevantes do noso presente que desexamos analizar en todas as súas dimensións, con absoluta liberdade pero tamén co máximo rigor. O 21 de outubro de 2016 terá lugar na Fundación un novo faladoiro sobre Mecenado e financiamento universitario. Pretendemos neste faladoiro reflexionar sobre a capacidade das universidades españolas en xeral, e das galegas en particular, para a captación de fondos privados; caracterizar e establecer as

Obxectivo do Workshop Realizar un diagnóstico, un análise e unhas propostas para resolver os problemas e mellorar as realidades dun tramo do Camiño da Costa do Camiño Norte a Santiago de Compostela, ao seu paso polo municipio de Guitiriz. Este tramo está aínda sen desenvolver nin sinalizar, pero ten unha gran potencialidade debida á súa calidade patrimonial e á súa paisaxe. Para iso os alumnos, desde unha perspectiva multidisciplinar, dirixidos polo experto arquitecto e paisaxista Jordi Bellmunt, formularán propostas

Obxectivos do curso Introducir ao alumnado no eido da restauración ecolóxica incidindo nos aspectos teóricos e na súa aplicación sobre casos prácticos reais. Farase especial énfase nos principais ecosistemas galegos. Destinatarios Curso especialmente dirixido a técnicos do eido das ciencias medioambientais e afíns (arquitectos da paisaxe, enxeñeiros agrónomos e forestais, biólogos, arquitectos, xeólogos, etc) Competencias adquiridas Ampliar a visión na interpretación e diagnóstico dos problemas ambientais, así como no deseño de técnicas para a súa mitigación ou restauración. Contidos

Marzo 2016

Os faladoiros da Cátedra Juana de Vega son espazos de discusión e debate abertos arredor dun tema ou un problema importante do presente e do pasado que queremos analizar en toda a súa dimensión e con toda libertade pero con todo o rigor, enlazando o coñecemento e a perspectiva universitaria co coñecemento e a perspectiva profesional e dos sectores implicados. Concíbese pois como unha ponte e un punto de encontro. O 3 de marzo de 2016 terá lugar na

Xullo 2015

A crise actual puxo en evidencia o drama da desigualdade, sobre todo porque se fixo máis visible nos países ricos. Deste xeito, a vella cuestión social, debatida en repetidas ocasións desde o século XIX, está a adquirir unha gran relevancia no ámbito científico, social e político. Boa proba disto son os inxentes traballos académicos publicados sobre esta temática nos últimos anos e a súa presenza habitual en titulares de prensa e debates. Hoxe en día a "nova cuestión social"

Profesorado João Nunes Socio Fundador e Presidente de PROAP, estudo de Arquitectura da Paisaxe conformada por un amplo equipo multidisciplinar de profesionais cunha recoñecida experiencia no ámbito da paisaxe, na súa acepción máis ampla. Como Director Internacional é responsable da dirección estratéxica, executiva e táctica do tres oficinas internacionais: Lisboa (Portugal), Luanda (Angola) e Treviso (Italia). Desenvolve o deseño conceptual e creativo de PROAP e define a orientación estratéxica dos procesos de investigación. Imparte clases no Instituto Superior de

Outubro 2014

Neste Faladoiro sinténtase reflexionar sobre a valoración da opinión pública das institucións españolas antes da crise ata o presente. No caso español o malestar da democracia non se reduce aos resultados socio - económicos da acción pública ou a falta de soberanía, apreciase unha degradación das institucións democráticas no plano estritamente político, unha incongruencia entre os principios democráticos e as prácticas realmente existentes. Pero esta cuestión non é exclusiva de España sino que tamén se produce noutras sociedades avanzadas occidentales sendo

Profesorado Salvador Rueda Palenzuela Licenciado en Ciencias Biolóxicas e Psicoloxía. Diplomado en Enxeñaría Ambiental e en Xestión Enerxética. Director da Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona desde a súa fundación o 5 de Xuño de 2000. Foi membro do Comité de Expertos de Medio Ambiente Urbano da Unión Europea (DGXI) de 1994 a 1998. Desenvolveu traballos de planificación nos seguintes ámbitos: Plans estratéxicos e ordenación do territorio; urbanismo; verde urbano; mobilidade; espazo público; metabolismo urbano e cohesión social. É autor dos

6 XUÑO 2014

Presentación A Unión Europea desexa implantar nos estados membros un novo xeito de fomentar a innovación no sector agroalimentario, a través do "Partenariado Europeo para a Innovación". Este novo sistema canalizará os esforzos e fondos para o crecemento da innovación no agro, a través dos denominados "grupos operativos", baseados no traballo colaborativo entre parceiros de distintas características: produtores, investigadores, empresas, axentes de innovación, ONGs, asociacións, etc... Precísase difundir este novo enfoque para que o conxunto de axentes que se

Abril 2014

Este faladoiro ten por obxecto analizar a imaxe externa (e interna) de Galicia no mundo, valorar os retos e limitacións da posición xeográfica que ocupa e inserila nun contorno europeo de crise económica. Coordinador: Ramón Villares Relatores:

VII Xornadas da paisaxe cultural “A paisaxe como medio e instrumento de xestión na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo Sada, 10 ao 14 de Decembro de 2013 A recente aprobación da candidatura da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo supón unha importante oportunidade para avanzar na aplicación de modelos de desenvolvemento sustentable no territorio da área metropolitana. Os obxectivos e preocupacións do Programa MAB da UNESCO son os de combinar as ciencias