Obxectivos do curso
Introducir ao alumnado no eido da restauración ecolóxica incidindo nos aspectos teóricos e na súa aplicación sobre casos prácticos reais. Farase especial énfase nos principais ecosistemas galegos.
Destinatarios
Curso especialmente dirixido a técnicos do eido das ciencias medioambientais e afíns (arquitectos da paisaxe, enxeñeiros agrónomos e forestais, biólogos, arquitectos, xeólogos, etc)
Competencias adquiridas
Ampliar a visión na interpretación e diagnóstico dos problemas ambientais, así como no deseño de técnicas para a súa mitigación ou restauración.
Contidos
MÓDULO 1. Fundamentos teóricos da restauración ecolóxica
- O capital natural. Ecosistemas e servizos ecosistémicos
- Resiliencia dos ecosistemas. A memoria ecolóxica
- Procesos ecolóxicos clave
- A estratexia da mínima intervención
- Técnicas de restauración - xeomorfolóxica- edáfica- xeomorfolóxica- da cuberta vexetal- hidrolóxica
MÓDULO 2. Exposición de casos prácticos
- Restauración ecolóxica de ecosistemas acuáticos
- Restauración ecolóxica de ecosistemas terrestres
- Restauración ecolóxica de espazos degradados por movementos de terra (minería e construción de infraestruturas)
- Restauración ecolóxica das cidades
MÓDULO 3. As intervencións artísticas como ferramenta para a restauración ecolóxica
- Land art. Introdución
- Land art / restauración. Exposición e debate de casos prácticos
MÓDULO PRÁCTICO: visita a campo dunha experiencia de restauración
"Xardin literario". Cidade da Cultura, Monte Gaiás (Santiago de Compostela)
Análise en terreo da obra de restauración desenvolvida polo Grupo de Investigación da Escola Galega da Paisaxe pertencente á Fundación Juana de Vega.
