Descrición
Os incendios forestais constitúen unha das perturbacións máis frecuentes e importantes que sofren os ecosistemas forestais en Galicia. E supoñen unha gran ameaza para o patrimonio natural (vexetación, fauna, chan, etc.) e para o tecido socioeconómico (infraestruturas, economía, paisaxe, etc.) do medio rural galego. Nesta xornada exporanse alternativas e oportunidades para a a recuperación destes ecosistemas desde a óptica da restauración ecolóxica. Desde unha visión holística da problemática, abordaranse aqueles aspectos que poden axudar á recuperación dos procesos ecolóxicos daqueles ecosistemas danados ou destruídos polos incendios.
Obxectivo da xornada
Introducir ao alumnado no campo da restauración ecolóxica de espazos degradados por incendios forestais, facendo especial énfase nas accións urxentes de mitigación en Galicia.
Destinatarios
Xornada dirixida a técnicos do campo das ciencias ambientais e afíns (enxeñeiros forestais, agrónomos, biólogos, geólogos, paisajistas, etc), así como a todo aquel público interesado na temática.