
Obxectivo do Workshop
Realizar un diagnóstico, un análise e unhas propostas para resolver os problemas e mellorar as realidades dun tramo do Camiño da Costa do Camiño Norte a Santiago de Compostela, ao seu paso polo municipio de Guitiriz. Este tramo está aínda sen desenvolver nin sinalizar, pero ten unha gran potencialidade debida á súa calidade patrimonial e á súa paisaxe.
Para iso os alumnos, desde unha perspectiva multidisciplinar, dirixidos polo experto arquitecto e paisaxista Jordi Bellmunt, formularán propostas que permitan desenvolver esta zona desde unha perspectiva socioeconómica, dentro de parámetros ecolóxicos e ambientais, que integren os valores patrimoniais e paisaxísticos que existen neste tramo do Camiño do Norte.
Zona de actuación
A zona de actuación do workshop atópase dentro do antigo trazado, na etapa incorporada ao Camiño do Norte en 2014, na variante do Camiño da Costa, que abarca o tramo entre Capela de San Alberte e Pena do Foxo, no concello de Guitiriz. Trátase duns 7kms que discorren desde o sureste do núcleo de Ferreira ata o da Pena Branca.


Jordi Bellmunt Chiva
Arquitecto pola ETSAB (Escola Tècnica Superior d’Arquitectura de Barcelona); desde o ano 1982, é profesor do Departamento de Urbanismo e Ordenación do Territorio (UPC). Desde o ano 1987, é profesor do Master de Arquitectura da Paisaxe (UPC) e director do mesmo desde o ano 2000.
Membro do comité de organización da Bienal Europea de Arquitectura da Paisaxe desde 1998.
Dirixido a
Titulados universitarios de grao superior ou medio que desenvolven a súa actividade nos ámbitos da enxeñería, a arquitectura, o urbanismo, o medioambiente, a ecoloxía, ou o paisaxismo, así como a estudantes de ensinos técnicos, con vocación de especializarse dentro do campo da paisaxe.
Data
Do 12 ao 16 de setembro de 2016. De 9:30 a 19:30 h. Venres 16 de 9:30 a 14 h.
