Xornadas e cursos

Febreiro a decembro

A Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria organizan no Centro de Formación Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo) unha nova edición do curso de Viticultura e Enoloxía, nivel avanzado. Este curso ten un enfoque eminentemente práctico, cunha duración descontinua que abrangue de febreiro a decembro, o que permitirá a realización de prácticas en todas as operacións que se desenvolven nun viñedo e nunha adega. Os asistentes participarán en todas as fases do proceso, desde a

Febreiro a xuño

A Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria organizan no Centro de Formación Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo) unha nova edición do curso de Fruticultura. A primeira parte estará dedicada á poda de varios tipos árbores froiteiras en diferentes momentos do ano, incluíndo o uso e mantemento de ferramentas, entre outros conceptos.  Este curso ten un enfoque eminentemente práctico, cunha duración descontinua que abrangue de febreiro a xuño. Haberá tamén unha visita de campo e

Os mércores, 17 e 24 de xaneiro de 2024 | EFA Fonteboa · Coristanco

A Fundación Juana de Vega, no marco das axudas da Rede Eusumo para a realización de actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, organiza unha serie de xornadas de divulgación de aspectos relacionados co emprendemento innovador no sector agroalimentario, poñendo o foco nas entidades de economía social.   As primeiras das catro xornadas previstas para 2024 terá lugar en colaboración co Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa (Coristanco) os días 17 e 24 de xaneiro. 

6, 7 e 28 de outubro de 2023

A Fundación Juana de Vega organiza, co apoio da Deputación da Coruña, as xornadas Capital natural: identificación, contabilidade e valorización de servizos ecosistémicos da infraestrutura verde municipal. Continuando coas campañas formativas de anos anteriores en materia de infraestrutura verde e servizos ecosistémicos, a Fundación Juana de Vega acolle os días 6, 7 e 28 de outubro de 2023 esta actividade máis específica dirixida aos equipos técnicos municipais e profesionais interesados na xestión e conservación das infraestruturas e espazos verdes

05/09 a 14/11 e sesión final en decembro

De carácter eminentemente práctico desenvolverase durante o outono de 2023 en seis xornadas en horario de tarde. É o módulo IV do "Curso de fruticultura e técnicas de cultivo 2023". O alumnado estudará as operacións de colleita e de conservación da froita de maneira transversal a todas as producións frutícolas. Completarase cun taller de elaboración de mosto e sidra a partir de mazá e outro de conservas e, para finalizar, no mes de decembro, organizase unha xornada de cata dos

10 de maio de 2023

Desde setembro de 2020, a Fundación Juana de Vega traballa no proxecto FOODIMPROV'IDERS en colaboración con cinco entidades europeas. Este proxecto forma parte da convocatoria Erasmus+ (Asociacións estratéxicas KA204 para a educación de adultos) e o seu principal obxectivo é axudar aos produtores primarios da UE a adquirir coñecementos e habilidades para desenvolver modelos de comercialización baseados en circuítos curtos que lles permitan vender os seus produtos.Estes modelos, estreitamente vinculados a un territorio, presentan numerosas vantaxes, como a mellora

9 de maio a 20 de xuño 2023

O curso, cunha duración de 24h e de carácter eminentemente práctico no que se estuda a maneira de planificar unha explotación frutícola e se revisan as principais labores de mantemento e a mecanización, os tratamentos fitosanitarios e as instalacións das explotacións dedicadas ao cultivo de diferentes especies de froiteiras de interese na Comunidade Galega. Duración do curso6 xornadas entre o 9 de maio e o 20 de xuño. LugarTodas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo agás as

18 e 19 de maio

A Fundación Juana de Vega promove en colaboración coa EFA Piñeiral o curso “IINNOVACIÓN EN MARKETING, BRANDING E PACKAGING NAS EMPRESAS AGROALIMENTARIAS” que se desenvolverá na sede da EFA Piñeiral en Arzúa os días 18 e 19 de maio de 2023, en horario de 9:30 a 14:30 horas. Este curso está dirixido persoas emprendedoras, produtores e transformadores agroalimentarios e demais persoas interesadas. OBXECTIVOS DATA: 18 e 19 de maio de 2023 LUGAR: EFA Piñeiral- Centro de Formación Profesional e Promoción Rural. Santa

21 de marzo - 2 de maio 2023

O curso, cunha duración de 28h e de carácter eminentemente práctico, revisa as principais técnicas de cultivo e prácticas culturais de diferentes especies de froiteiras de interese na Comunidade Galega. Duración do curso  7 xornadas entre o 21 de marzo e o 2 de maio. Lugar Todas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo agás as sesión teóricas do 22 de marzo e a do 26 de abril que terán lugar na sede da Fundación Juana de Vega

Marzo-decembro 2023

Curso de fruticultura eminentemente práctico no que ao longo de todo o ciclo vexetativo traballarase con árbores froiteiras. A parte final do curso estará dedicada á tecnoloxía para a elaboración de zumes, sidra e outros transformados a base de froitas. O curso pódese realizar completo ou por módulos. O alumnado que se matricule no curso completo terá preferencia na adxudicación de prazas. Obxectivos Ao remate do curso, o alumnado será capaz de: Para a consecución dos obxectivos, a execución

Febreiro- decembro 2023

Descrición Este curso de viticultura e enoloxía ten un enfoque eminentemente práctico, cunha duración descontinua que abrangue de febreiro a decembro, o que permite a realización de prácticas en todas as operacións que se desenvolven nun viñedo e nunha adega e que abranguen dende a implantación e o mantemento do viñedo aos procesos de elaboración do viño na adega. Realizarase o seguimento en explotación de todo o ciclo vexetativo de variedades brancas (branca lexitima, godello, agudelo, albariño, etc.) e

Maio 2023

No marco do proxecto Erasmus + "FOODIMPROV'IDERS" no que a Fundación Juana de Vega participa con outros 5 socios de Francia, Italia, Hungría, Eslovenia e Bulgaria, elaborouse o curso modular en liña "Canles curtas de comercialización no sector agroalimentario" Este ano abrimos a inscrición definitiva aos módulos en liña de xeito gratuíto para todas as persoas interesadas. A oferta online complétase cun obradoiro de emprendemento e un programa de conferencias web curtas entre os meses de febreiro e xuño. Inscrición gratuíta aberta de