Xornadas e cursos

8-10 xuño 2018

Introducción Con case o 80% da superficie municipal declarada dun ou doutro xeito como protexida, Vilariño de Conso é o quinto concello galego con máis territorio incluído dentro dunha figura de conservación da natureza. Isto xa representa de por si unha singularidade notábel, á que cómpre engadir o feito que un terzo do concello constitúe un Parque Natural, circunstancia da que non participan outros concellos situados na «banda alta» galega de contaren con moita porcentaxe protexida. Ademais, o Parque Natural

23 de marzo, 6 e 13 de abril de 2018

A participación é un elemento clave de calquera iniciativa de desenvolvemento paisaxístico o territorial que pretenda ter un impacto sostible nun territorio. É por isto que profesionais e entidades que traballan neste campo deben coñecer as estratexias e recursos que poden axudarlles a promover bases de concertación e cooperación cos públicos e axentes aos que se dirixen as súas propostas. Neste curso impártese formación práctica en metodoloxías e recursos aplicables á dinamización de procesos e eventos participativos a calquera

6 ao 8 de outubro

Introdución A Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega, coa colaboración do Grupo de Investigación de Análise Territorial (ANTE-IDEGA-USC), organiza do 6 ao 8 de outubro un seminario de debate e intercambio acerca da cultura propia das paisaxes de montaña. Aínda que a reflexión práctica se centrará na parte alta do val do río Xares (parroquias de Ponte e Vilanova, concello da Veiga), contará cunha variada participación de especialistas na materia de contextos territoriais semellantes que facilitarán e enriquecerán

Setembro 2017

Os Faladoiros da Cátedra Juana de Vega son un espazo aberto para a discusión de cuestións relevantes do noso presente que desexamos analizar en todas as súas dimensións, con absoluta liberdade pero tamén co máximo rigor. Nesta ocasión o tema elixido é o relativo á valoración económica do capital natural, que en Galicia é moi significativo, pero polo de agora, carecemos de fontes estatísticas para coñecer o seu estado e evolución; impedindo isto tamén a súa valoración axeitada en

Obxectivos Módulo 1. Criterios básicos de composición e creación.  Deseño gráfico para disciplinas técnicas. Introdución ao debuxo en CAD. O primeiro módulo do seminario está dirixido a aqueles alumnos procedentes de disciplinas técnicas que non utilizan con fluidez as ferramentas dixitais de representación gráfica. Os contidos do mesmo centraranse en facilitar a expresión dos proxectos paisaxísticos para que o alumno poida explicar, de maneira coherente e ordenada, a súa idea de proxecto a través de imaxes, planos, memorias ou

Martes 20 de xuño de 2017

Descrición Os incendios forestais constitúen unha das perturbacións máis frecuentes e importantes que sofren os ecosistemas forestais en Galicia. E supoñen unha gran ameaza para o patrimonio natural (vexetación, fauna, chan, etc.) e para o tecido socioeconómico (infraestruturas, economía, paisaxe, etc.) do medio rural galego. Nesta xornada exporanse alternativas e oportunidades para a a recuperación destes ecosistemas desde a óptica da restauración ecolóxica. Desde unha visión holística da problemática, abordaranse aqueles aspectos que poden axudar á recuperación dos procesos

Eurocidade Chaves – Verín Desde o punto de vista xeográfico a Eurocidade Chaves-Verín localízase nun gran val conectado polo río Támega e atravesado por unha falla tectónica, a fractura de Corga, causante da elevada concentración de augas minero-medicinais que levou a esta área a consolidarse como un espazo de excelencia turística termal. A Eurocidade Chaves-Verín (ECV-AECT), ten por obxecto promover a cooperación territorial entre os seus membros en diversos ámbitos, entre os que salientan o turismo-termalismo, a cultura, o

2 e 3 de marzo

Introdución Dentro dos xardíns galegos como singularidade paisaxística, se hai unha flor coa que Galicia identifícase é sen dúbida, a camelia. Falar da súa historia, da súa actualidade, da súa presenza noutros territorios, da beleza das súas variedades, e do seu potencial ornamental, paisaxístico e polo tanto, turístico, é o obxectivo destas xornadas que pretenden contribuír ao seu mellor coñecemento e axudar á súa posta en valor. Celebrar este encontro sobre A CAMELIA E O PAISAXISMO EN GALICIA no

Descrición No 2004 a Society for Ecological Restoration definiu a Restauración Ecolóxica do seguinte xeito: “ciencia que asiste á recuperación dos ecosistemas danados, degradados ou destruídos”. A explotación de recursos mineirais implica a destrución dos ecosistemas precedentes polo que a súa reconstrución nunca será un obxectivo real. Fronte ás técnicas convencionais de restauración, de forte carácter agronómico, a restauración ecolóxico incorpora unha visión holística que permite a recuperación dos procesos naturais bloqueados cara un novo ecosistema autosuficiente. A innovación

Outubro 2016

Os faladoiros da Cátedra Juana de Vega son un espazo aberto para a discusión de cuestións relevantes do noso presente que desexamos analizar en todas as súas dimensións, con absoluta liberdade pero tamén co máximo rigor. O 21 de outubro de 2016 terá lugar na Fundación un novo faladoiro sobre Mecenado e financiamento universitario. Pretendemos neste faladoiro reflexionar sobre a capacidade das universidades españolas en xeral, e das galegas en particular, para a captación de fondos privados; caracterizar e establecer as

Obxectivo do Workshop Realizar un diagnóstico, un análise e unhas propostas para resolver os problemas e mellorar as realidades dun tramo do Camiño da Costa do Camiño Norte a Santiago de Compostela, ao seu paso polo municipio de Guitiriz. Este tramo está aínda sen desenvolver nin sinalizar, pero ten unha gran potencialidade debida á súa calidade patrimonial e á súa paisaxe. Para iso os alumnos, desde unha perspectiva multidisciplinar, dirixidos polo experto arquitecto e paisaxista Jordi Bellmunt, formularán propostas