
As Vilas en Flor de Galicia volven florecer na gala anual celebrada en Salceda de Caselas
Hoxe entregáronse as Flores de Honra aos 40 concellos de menos de 40.000 habitantes que participan na novena edición do movemento. O programa Vilas en Flor Galicia recoñeceu o seu traballo en materia de patrimonio vexetal, sostibilidade, biodiversidade e calidade de vida, entendendo os espazos verdes como unha infraestrutura esencial para o futuro dos municipios. Allariz, Carballo, Chantada, Salceda de Caselas e Tomiño volveron recibir 4 Flores de Honra.

