Proxectos

O Foro Territorio Rural Resiliente é unha iniciativa independente impulsada desde a sociedade civil que busca contribuír a un rural máis dinámico, resiliente e preparado para afrontar os retos demográficos, económicos e ambientais, a través dunha mellor ordenación e xestión do territorio. Para iso, a iniciativa promove un proceso participativo no que especialistas de diferentes ámbitos analizan os principais

O Grupo Operativo Supraautonómico REBAÑOS DE CUSTODIA propón un modelo que sitúa a gandería extensiva de vacún, caprino e ovino no centro dunha estratexia territorial ampla. A iniciativa aposta por unha forma de producir alimentos que xera emprego no rural, contribúe ao mantemento do territorio e favorece paisaxes con maior diversidade e resiliencia fronte ao lume. A iniciativa desenvolverase

  As comarcas ourensás de Valdeorras e Terra de Trives concentran unha parte significativa dos soutos de Galicia e atesouran unha longa tradición vinculada á cultura da castaña. Porén, nas últimas décadas este sistema socioeconómico sufriu un progresivo deterioro debido ao abandono rural, ao envellecemento da poboación e á baixa rendibilidade dos modelos produtivos tradicionais. Como consecuencia disto, moitos

O proxecto ECOCOMEDORES xurdiu en 2015 como unha alianza entre varios centros escolares e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas para potenciar o consumo de produtos ecolóxicos, de tempada e de proximidade. Sumáronse despois a EIM A Caracola e a Fundación Juana de Vega. Entre 2020 e 2022 traballouse na consolidación dos comedores escolares adscritos en 2015, incorporando comedores

CAPRIF-CC traballará coas comunidades rurais de ámbitos de alto valor natural e/ou áreas queimadas de Galicia e Asturias para co-crear iniciativas innovadoras de xestión multifuncional do monte que sexan compatibles coa xeración de valor económico e potencien o emprendemento local. Este proxecto impulsará modelos multifuncionais do monte para preservar os seus valores ambientais e mellorar os seus servizos ecosistémicos,

Introdución A provincia de Ourense é unha das máis castigadas polos lumes de maneira recorrente. Nos lumes de setembro de 2020 queimáronse unhas 10.000 hectáreas cunha media ducia de lumes que entran no escenario dos Grandes Incendios Forestais, ao superar as 500 hectáreas, afectando con gravidade a área sur da provincia de Ourense (Cualedro, Oímbra e Monterrei) . Ás

O viño é por tanto un importante dinamizador nas comarcas de Galicia que están ligadas a estas D.O.P., creando fortes relacións entre agricultura, patrimonio, paisaxe, gastronomía, cultura e turismo. Nos últimos anos ligadas aos territorios con D.O.P. xurdiron diferentes iniciativas ligadas ao turismo que pretenden sacar proveito do rico patrimonio cultural, natural e paisaxístico e do crecente interese da

A Limia é unha comarca cunha forte especialización produtiva centrada no sector primario, que achega o 29,59% do PIB comarca (IGE, 2018). Na actualidade é un dos territorios con maior produción agrícola de Galicia, tanto en produtos hortícolas, como de pataca, cereal e millo. Asemade destaca por unha forte implantación da gandería intensiva de porcino, de aves e de