Camelia e paisaxismo

2 e 3 de marzo

Xornada internacional 2017.

Dentro dos xardíns galegos como singularidade paisaxística, se hai unha flor coa que Galicia identifícase é sen dúbida, a camelia.

 

Introdución

Dentro dos xardíns galegos como singularidade paisaxística, se hai unha flor coa que Galicia identifícase é sen dúbida, a camelia.

Falar da súa historia, da súa actualidade, da súa presenza noutros territorios, da beleza das súas variedades, e do seu potencial ornamental, paisaxístico e polo tanto, turístico, é o obxectivo destas xornadas que pretenden contribuír ao seu mellor coñecemento e axudar á súa posta en valor.

Celebrar este encontro sobre A CAMELIA E O PAISAXISMO EN GALICIA no Pazo de Rubiáns, declarado Xardín de Excelencia Internacional da Camelia, é unha mostra do valor que Galicia ofrece ao desenvolvemento dun turismo de calidade, vinculado á súa riquísimo patrimonio tanto paisaxístico como cultural e arquitectónico

Axenda

Xoves 2 de marzo

10:00h INAUGURACIÓN
La camelia en Galicia
10:15h Dra. Carmen Salinero (Técnico Deputación Pontevedra-EFAreeiro e Presidenta da Sociedad Española de la Camelia).
Incorporación da camelia ao xardín e á paisaxe galega. Que nos pode ofrecer a camelia?
11:15h Dra. Pilar Vela (Técnico Deputación Pontevedra-EFAreeiro).
Especies de camelia comúns en Galicia, formas e usos.
12:15h Pausa para café
As especies de sempre e as novas
12:30h Dr. Gao Yiyin (Professor of Research Institute of Subtropical Forestry, and Palm Landscape Architecture Co., China).
Taxonomía do xénero Camellia e especies presentes en China
13:30h Coloquio
14:00h Xantar
A Camelia: a súa beleza en parques e cidades
16:00h Cristina Castel Branco (Profesora de Paisaxismo Universidad de Lisboa, Portugal).
Rexistro de camelias no S XVI en Portugal antes de Georg Kamel
17:00h Jaques Soignon (Director do Service Espaces Verts et Environnement (SEVE) de Nantes, Francia). A camelia urbana. Símbolo da cidade de Nantes.

 

Vernes 3 de marzo

Novas especies e híbridos. Dispoñibilidade en Europa
10:15h Gao Yiyin (Professor of Research Institute of Subtropical Forestry, and Palm Landscape Architecture Co.).
Incorporación no mundo da camelia de 250 híbridos dunha nova xeración de variedades que florecen todo o ano.
11:15h José Collazo (Presidente Asociación de Empresarios Viveristas do Noroeste, ASVINOR. Gerente Viveros Rio Tollo).
O sector viverístico en España e Europa. Dispoñibilidade de especies e cultivares.
12:15h Pausa para Café
Valor turístico da camelia en Galicia
12:30h Isabel Aguirre (Directora Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega).
A camelia e os xardíns pacegos.
13:30h Mesa redonda conferenciantes.Conclusións
14:00h Xantar
16:00h Percorrido guiado polo Pazo de Rubiáns
18:00h Peche das xornadas

Lugar

Pazo de Rubiáns
Rúa do Pazo, 7
36619 Rubiáns (Pontevedra)

Matrícula

Prezo: 50€

Alumnos e exalumnos da Escola Galega da Paisaxe: 30 €

Inscrición: Unha vez realizada a preinscrición a través do seguinte formulario, a Fundación Juana de Vega indicará a conta de pago do curso mediante correo electrónico.

Formulario de inscrición:

PRAZAS ESGOTADAS

Organiza: Escola Galega da Paisaxe

Patrocina: Xunta de Galicia

Colaboran: Pazo de Rubiáns, Deputación de Pontevedra e Sociedad Española de la Camelia

VIDEOS

Televisión de Galicia: Unha empresa galega trae da China camelias que florecen no verán