Fins

Fundación Juana de Vega

Fins da fundación

Promover o coñecemento, conservación e desenvolvemento do medio rural de Galicia, con especial dedicación á formación da súa poboación activa, á preservación do seu ámbito natural e humano e á mellora da súa base económica e das actividades con ela relacionadas.

Canalizar as oportunidades de desenvolvemento do medio rural galego mediante actuacións de investigación, formación, divulgación e transferencia de coñecemento.

Promover o coñecemento da vida e obra de Dª. Juana de Vega, así como o seu contexto histórico.