Novas

A Fundación Juana de Vega e A Croa de Camariñas reforzan a súa colaboración para impulsar a xestión sostible do monte

A Fundación Juana de Vega e a Asociación de Propietarios Forestais A Croa de Camariñas reforzan a súa colaboración para avanzar na ordenación e aproveitamento sostible do monte. Ambas as entidades formalizaron este xoves un convenio que contempla unha achega de 15.000 euros e o apoio do persoal técnico da Fundación. O acordo foi asinado polo presidente da Fundación, Enrique Sáez Ponte, e a presidenta da Asociación, Chus Castro Candal.

Ampliar

A Fundación Juana de Vega abre a inscrición do XV Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias, que incorpora un acompañamento específico para a zona Verín-Monteval

A edición 2027 ofrecerá un itinerario territorial para os municipios da Gudiña, A Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, e a súa contorna. A inscrición para presentar candidaturas estará aberta ata o martes, 8 de decembro na web https://programadeapoyo.juanadevega.org.

Ampliar

A Fundación Juana de Vega participa na asemblea xeral de BIOservicES para avanzar no estudo da biodiversidade do solo

Entre o 29 de setembro e o 2 de outubro, o equipo da Área de Investigación e Innovación da Fundación Juana de Vega viaxou a Zaragoza para participar na asemblea xeral do proxecto europeo BIOservicES, do que a nosa entidade é socia. O noso papel no consorcio céntrase en traballos relacionados coas zonas experimentais de Galicia e na medición dos servizos ecosistémicos culturais.

Ampliar

Nace o Grupo Operativo Supraautonómico TERRANOVA para fomentar a remuda xeracional desde un enfoque global

A remuda xeracional na agricultura e na gandería é un dos retos máis urxentes do rural español. É un problema identificado desde hai tempo e no que numerosas organizacións, entidades e persoas traballan intensamente. Co obxectivo de mellorar a coordinación de todos estes axentes, un consorcio de socios creou o Grupo Operativo Supraautonómico TERRANOVA, que comeza estes días a dar os seus primeiros pasos.

Ampliar

A investigación abre novas vías de aproveitamento e valorización para a avea moura galega

Nestes tres anos, a investigación do Grupo Operativo Avea Moura saíu do laboratorio para probar a materia prima en condicións reais de transformación en pequenas empresas galegas que están creando riqueza no e desde o rural. A avea moura chegou aos campos experimentais, pero tamén aos fogóns de Culler de Pau, ao obradoiro de Panadería Da Cunha e ás mesas de formulación de Muuhlloa. Esta conexión entre investigación e aplicación foi unha das principais achegas do proxecto e permitiu comprobar non só o potencial do cultivo, senón tamén as condicións necesarias para que poida avanzar cara a futuras oportunidades de mercado. As análises confirmaron que os procesos de transformación permiten conservar e, nalgúns casos, incrementar a presenza dos compostos de interese funcional da Avena strigosa.

Ampliar

A investigación do Grupo Operativo Oliveiras de Galicia define as estratexias de multiplicación para achegar once variedades autóctonas ao sector produtivo

Tres anos de ensaios confirman que as técnicas por estaca clásica e in vitro son complementarias e permiten deseñar unha estratexia específica para cada variedade. Os resultados compartidos hoxe co sector representan un paso máis para que este patrimonio xenético único poida chegar a viveiros e produtores. Xa se transferiu material vexetal aos viveiros e agora, na seguinte fase, vaise facer o escalado industrial de ambas as metodoloxías; nos próximos dous anos haberá máis planta dispoñible. O comportamento das once variedades estudadas en diferentes condicións edafoclimáticas é unha das liñas que deberá continuar máis alá deste Grupo Operativo, para orientar a investigación cara ás necesidades prácticas da futura olivicultura galega e desenvolver unha DOP de aceite de Galicia.

Ampliar