Historia

Fundación Juana de Vega

Historia

Foi constituída no ano 1872, por vía testamentaria por Dª Juana María de la Vega Martínez y Losada, Condesa de Espoz e Mina.

Durante moitos anos, a Fundación Juana de Vega tivo problemas para levar adiante o que daquela era o seu principal obxectivo, consistente en crear unha escola teórico – práctica de agricultura; pois a súa vontade fundacional estableceu que para o seu mantemento, sería preciso contar coas institucións públicas provincias, cousa que nunca se conseguiu materializar.

Ante esta situación, a Xunta de Padroado comezou na década de 1970 un expediente de cambio de fins dentro do espírito fundacional, que fixera posible o funcionamento práctico da institución. O mesmo tempo, levouse a cabo un rigoroso e profundo inventario dos bens da Fundación para determinar con exactitude o seu patrimonio. Dende Xullo de 1985, a Fundación Juana de Vega está inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Xunta de Galicia.

Unha vez superada esta laboriosa fase, a Xunta de Padroado decidiu reiniciar as actividades fundacionais adaptadas ás circunstancias actuais, pois a pesares do tempo transcorrido e dos indubidables avances sociais, Galicia segue moi necesitada de mellorar o nivel técnico das persoas que se dedican á agricultura, á gandería e sectores derivados, preocupación básica de Dª Juana de Vega.

FUNDACION JUANA DE VEGA

La nueva etapa se inició con la realización de Convocatorias de Becas de Estudios, para las carreras de Veterinaria, Ingenieros Técnicos Agrícolas, Ingenieros Técnicos Forestales, Ingenieros Agrónomos e Ingenieros de Montes.

Fundación Juana de Vega

Desde esa data, a Fundación incrementa notablemente o número de actividades e no ano 2004 modifica os seus estatutos ampliando o ámbito de actuación a toda Galicia e incluíndo dentro do obxecto social, o impulso e a difusión da vida e obra de Dª Juana de Vega e do seu contexto histórico.

Dentro das novas actividades cabe destacar a creación no seno da Universidade de Santiago de Compostela da Cátedra Juana de Vega, a implantación do Master Juana de Vega de Arquitectura da Paisaxe, o impulso dunha liña de actividade centrada na investigación, e a creación da Escola Galega da Paisaxe.

 

Fundación Juana de Vega

Testamento

Vendo próxima a hora da súa morte, Dona Juana de Vega (1805 -1872) legaliza o seu testamento o 31 de maio de 1869.

Nel, ademais de deixar casi todos os seus bens para a creación desta Fundación, hai cláusulas moi interesantes, que son, a súa vez, representativas do seu sentir, demotrado ao longo da súa vida.

Destacan especialmente as relativas a:

  • O tipo de enterro que desexa para ela.
  • A inscripción da lápida do seu nicho.
  • O traslado dos restos mortais do seu marido a Navarra.
  • Diversos legados a Diputación de Navarra, a cidade de Zaragoza, ao Congreso Nacional, a cidade da Coruña e a Biblioteca do Consulado da Coruña.