Novas

Aberta a convocatoria do Premio de Intervencións na Paisaxe 2025 na categoría “Espazos exteriores”

O prazo de recepción de candidaturas está aberto ata o próximo 4 de xullo. Admitiranse proxectos realizados en Galicia, acabados entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 31 de decembro de 2024. As candidaturas poden ser presentadas polos autores, promotores ou por un terceiro, incluídas asociacións ou outras entidades que teñan coñecemento de proxectos que, ao seu xuízo, poidan ser merecedoras do galardón. O premio ten unha dotación económica de 6.000€ e o xurado poderá conceder dous accésits, valorados cada un en 1.500€.

Ampliar

A Fundación Juana de Vega, a Fundación Eduardo Pondal e o IET impulsan o proxecto O Couto Florido para consolidar a aldea como un referente en revitalización rural

Entre a primavera e o verán, realizaranse unha serie de accións para a mellora paisaxística e cultural da aldea do Couto, en Ponteceso (A Coruña). Durante a primeira das tres xornadas previstas, os asistentes identificarán os espazos de oportunidade para plantar as sementes autóctonas recollidas a través de accións de voluntariado e realizar intervencións paisaxísticas que reforcen a identidade desta comunidade.

Ampliar
Fotos de la jornada formativa y divulgativa “El Pazo de Castrelos, una experiencia práctica en la gestión y restauración de jardines históricos”. Tuvo lugar el 14 de marzo de 2025

Os xardíns históricos do Pazo de Castrelos desde unha mirada de territorio

Durante a xornada formativa e divulgativa “O Pazo de Castrelos, unha experiencia práctica na xestión e restauración de xardíns históricos” Pedro Calaza, director da Escola Galega da Paisaxe, iniciou a súa exposición sobre estes xardíns históricos desde unha mirada de territorio, destacando o seu papel potencial como elemento fundamental da infraestrutura verde de Vigo. O evento foi organizado no marco do convenio asinado entre a Fundación Juana de Vega e o Concello de Vigo.

Ampliar
PazodeCastrelos_Vigo_cecidadConcellodeVigo

O xardín histórico de Castrelos centra unha xornada divulgativa con alumnado do Grao en Paisaxe

A actividade inaugura a programación especial do Concello de Vigo polo centenario da doazón do Pazo de Castrelos á cidade por parte do Marqués de Alcedo. Así mesmo, enmárcase no convenio de colaboración firmado entre o goberno local e a Fundación Juana de Vega para a elaboración dun estudo, diagnose e proxecto de recuperación dos xardíns do Pazo de Castrelos e a realización de actividades de formación, sensibilización e de divulgación dos valores do ben.

Ampliar

O Complexo Enoturístico María Manuela é galardoado co Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2024

A Fundación Juana de Vega fixo entrega esta mañá do Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2024, na categoría “Edificacións e instalacións produtivas no medio rural”, ao complexo enoturístico María Manuela de Boqueixón (A Coruña). Os dous accésits recaeron no proxecto “Xanceda: un ciclo de auga 360º”, de Casa Grande de Xanceda (Mesía, A Coruña); e para a Horta e invernadoiro do restaurante Culler de Pau (O Grove, Pontevedra). Nesta ocasión, o xurado fixo unha mención especial ao Forno de pan Aboamigalla, de Cea (Ourense).

Ampliar
Entrega das Flores de Honra 2024 do movemento Vilas en Flor en Salvaterra de Miño

O movemento Vilas en Flor Galicia 2024 recoñece con 4 Flores de Honra a xestión sostible de Allariz, Carballo, Chantada, Salceda de Caselas e Tomiño

Este mediodía celebrouse a gala anual en Salvaterra de Miño durante a que se entregaron os diplomas aos 42 concellos participantes nesta 7ª edición. En total, Galicia suma 94 Flores de Honra en municipios de menos de 40.000 habitantes que mostran o seu compromiso cunha xestión sostible dos espazos verdes e da súa paisaxe.

Ampliar