Novas

A Fundación Juana de Vega concede á cooperativa Vélaro o I Premio ao Emprendemento Agroalimentario

O xurado valorou a iniciativa desenvolta por esta entidade de economía social para profesionalizar o sector e mellorar o seu impacto social en toda Galicia. A Fundación organizou hoxe un evento público para respaldar os once proxectos de emprendedores e empresas que participaron este 2023 no seu Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias.
A inscrición na edición 2024 estará aberta unha semana máis ata o 5 de decembro na web programadeapoyo.juanadevega.org.

Ampliar