Asinado o acordo de concesión FEDER do proxecto ECOSPHEREWINES

Share

A Secretaría Conxunta do Programa Interreg Sudoe organizou os 16 e 17 de abril unha xornada de entrega dos acordos de concesión asinados aos 34 proxectos aprobados na súa 6.ª convocatoria de axudas, entre as que se atopa a iniciativa ECOSPHEREWINES.

O evento, que tivo lugar en Santander,  foi inaugurado polo Conselleiro de Economía, Facenda e Fondos Europeos do Gobierno de Cantabria, Luis Ángel Agüeros, institución designada pola Comisión Europea como Autoridade de Xestión de Interreg  Sudoe.

Durante a súa intervención, Agüeros transmitiu a miña felicitación e recoñecemento a todos os proxectos aprobados que representan un paso adiante na innovación do territorio SUDOE”. Ademais, resaltou o éxito de participación con máis de 140 solicitudes iniciais recibidas, o que “é proba do interese que ten este programa que se converteu nun referente para España, Francia e Portugal ante a necesidade de abordar retos comúns”.

Concretamente, 144 foron as solicitudes iniciais recibidas por parte do sudoe, das cales 69 superaron a primeira fase e finalmente 34 foron aprobadas para o seu financiamento, entre as que figura o proxecto ECOSPHEREWINES.

Neste contexto, Alfonso Ribas, director de Innovación da Fundación Juana de Vega, foi o encargado de recibir o acordo de concesión FEDER asinado, en representación de todo o consorcio deste  proxecto, cuxo obxectivo é mellorar o ecosistema de viñedos situados en zonas de alto valor ecolóxico a través da implementación dunha rede de infraestrutura verde para a súa conservación e xestión sostible.

ECOSPHEREWINES enmárcase así dentro a prioridade 1 do Programa Interreg Sudoe, “Preservar o capital natural e reforzar a adaptación ao cambio climático no SUDOE”, e, máis concretamente aliñado co obxectivo específico 2.7 “Incrementar a protección e a conservación da natureza, biodiversidade e as infraestruturas verdes, tamén nas zonas urbanas, e reducir toda forma de contaminación”, dotado con 15M€.

Un total de 13 entidades españolas, francesas e portuguesas traballan xa baixo a coordinación da Fundación Juana de Vega nesta iniciativa que conta cun orzamento de 1.623.393,25€ cofinanciado nun 75% polo Programa Interreg Sudoe con Fondos FEDER.

Sobre o consorcio de ECOSPHEREWINES
Os socios que levan a cabo as actividades de ECOSPHEREWINES son un total de 13 entidades procedentes de 3 países: España, Francia e Portugal. Todos eles, baixo a coordinación da Fundación Juana de Vega.

A parte española está así integrada pola Universidade da Coruña, ITER Investigación, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Duero-Douro, a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas, a Plataforma Tecnológica del Vino, o Instituto Tecnológico Agrario de Castilla y León (ITACyL) e a adega Pagos de Brigante.

Portugal, pola súa banda, está representado pola Associação para o Desenvolvimento da Viticultura Duriense (ADVID), a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro e a adega Duorum Vinhos.

Finalmente, o Institut Français de la Vigne et du Vin (IFV) e a Interprofession des vins du Sud-ouest son as entidades francesas involucradas no proxecto ECOSPHEREWINES.