Celebración do Día Mundial do Emprendemento

Share

Hoxe, o equipo da Fundación Juana de Vega asistiu ao acto celebrado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (Xunta de Galicia) para celebrar o Día Internacional do Emprendemento e presentar unha nova ferramenta para as persoas emprendedoras: o mapaemprendemento.gal.

Na foto de familia, o novo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, o secretario xeral e a directora xeral con entidades responsables da Rede de Polos de Emprendemento e apoio ao emprego, entre as que se atopa a Fundación Juana de Vega. A entidade é a coordinadora da Rede e, ademais, xestiona o Polo de Ferrol.

De esquerda a dereita: Pablo Fernández, SX de Emprego, traballo autónomo e economía social; e Margarita Ardao, DX de Emprendemento; Luis García, presidente da Fundación CEL; José Manuel Andrade Calvo, da Fundación Juana de Vega, José González, novo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración; Luis García Deber, presidente da Fundación Ronsel, Rafael Granados, presidente da Asociación de Trabajadores Autónomos (ATA), Olga Rivas, directora da Fundación Roberto Rivas; e Eugenia Pérez, directora xeral de FP.