Celebramos o Día Internacional do Libro regalando 40 exemplares sobre Juana de Vega

Share

Un dos cometidos da Fundación Juana de Vega é divulgar a figura e obra da nosa fundadora polo que hoxe, con motivo Día Internacional do Libro, regalamos 40 exemplares do título "Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina", de Carlos Fernández Santander editado pola nosa entidade.

Repartiremos dez libros en cada unha das nosas redes sociais (LinkedIn, X, Facebook e Instagram) entre os dez primeiros seguidores que (en cada unha) respondan á pregunta “Cal era o segundo apelido de Juana de Vega?".

Mecánica:

  • Publicación dun post o martes, 23 de abril sobre esta temática en cada unha das redes sociais da Fundación Juana de Vega (Linkedin, X, Facebook e Instagram) invitando á participación.
  • Serán agraciadas cun exemplar da obra "Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina", de Carlos Fernández Santander as dez primeiras persoas que respondan correctamente á pregunta “Cal era o segundo apelido de Juana de Vega?".
  • As persoas que queiran participar deberán ser seguidoras da Fundación Juana de Vega en LinkedIn, X, Facebook e Instagram, nas que se identifica co nome de usuario @fjuanadevega.
  • As respostas deberán deixarse nos comentarios da publicación feita en cada unha das redes sociais mencionadas.
  • Unha mesma persoa non poderá ser agraciada con máis dun exemplar aínda que responda correctamente en tempo e forma á pregunta en máis dunha rede social. É dicir, finalizada esta participación, haberá un total de 40 persoas diferentes agraciadas cun exemplar do libro sobre Juana de Vega.
  • A Fundación Juana de Vega farase cargo do envío dos exemplares por correo postal ou o medio que considere máis adecuado. Non obstante, se a persoa agraciada así o desexa, poderá achegarse a recollelo na sede da entidade previo aviso á entidade.