Visita de campo do alumnado de fruticultura

Share

O próximo sábado, 20 de abril, o alumnado do curso de Froiteiras e Transformados 2023 e do curso de Poda de Froiteiras 2024 vai realizar unha visita de campo para coñecer dúas explotacións de cultivo de mazá na Estrada (Pontevedra) e outra de aguacate en Culleredo (A Coruña).

Esta actividade permitiralles experimentar en persoa o día a día de dúas empresas hortícolas galegas e das actividades que desenvolven no seu día a día, desde a preparación do terreo e coidado das árbores ata a produción e venda dos froitos ben en cru ou transformados. Para esta saída, elixiuse un cultivo máis estendido en Galicia como é a mazá e outro incipiente como o aguacate.

O programa da viaxe é o seguinte:
09:30h.– Saída do CFEA de Guísamo (Bergondo).
11:00 - 14:00h.– Visita a plantacións de mazá de sidra convencional e ecolóxica na zona do concello da Estrada. Visita a Sidrería Peroja que elabora sidra, zume e vinagre.
14:00 - 16:00h.– Xantar.
17:30 - 19:00h.– Visita a unha plantación de aguacate, no concello de Culleredo.
19:30h.– Chegada ao CFEA de Guísamo.