Presentación oficial do proxecto CAPRIF-CC

Presentación oficial do proxecto “CAPRIF-CC. Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático”
Share

Este venres, 19 de abril terá lugar a presentación oficial do proxecto “CAPRIF-CC. Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático”, que impulsará unha nova perspectiva para a xestión multifuncional do monte en Galicia e en Asturias desde a óptica da economía verde, basándose en procesos participativos. O obxectivo ata finais de 2026 será a activación económica de cinco zonas de alto valor natural do noroeste da Península Ibérica (Barbanza-Sar-Baixo Ulla, Macizo Central, Os Ancares-O Courel, Negueira de Muñiz-Cangas del Narcea e Valdés), centrándose na dinamización laboral no ámbito forestal e na promoción dos usos multifuncionais do monte. Neste camiño, a participación social será a base de traballo para os cinco socios do proxecto.

O evento terá lugar no Centro de Estudios Avanzados (Parque de Vista Alegre. R/ Salvadas, s/n. Santiago de Compostela), de 10:00 a 13:00h. Os interesados teñen que confirmar asistencia en xestion@fceer.org.

Xunto coa Fundación Juana de Vega (entidade representante), o consorcio de CAPRIF-CC está integrado pola Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia – Norte de Portugal (CEER), a Fundación Montescola (Lousame), a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), e CETEMAS (Centro Tecnológico y Forestal de la Madera), con sede en Siero (Asturias).

O proxecto recibiu o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR); e está cofinanciado nun 95% pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU. O presuposto é de 1.207.702,82€.

xr:d:DAGAuLDuvmk:114,j:1358259922526662308,t:24041212