Novas

A Fundación Juana de Vega abre a inscrición no XIII Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias

Estará aberta ata o 5 de decembro nas dúas modalidades, Emprendemento e Crecemento e Consolidación para empresas existentes. Está dirixido aos campos agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro, bioeconomía ou iniciativas de base tecnolóxicas e de servizos que dean soporte a estes sectores. De entre as candidaturas recibidas, seleccionaranse un máximo de doce proxectos, ata seis en cada categoría.

Ampliar

Unha trintena de profesionais formaranse durante tres días en agricultura orgánica para avanzar na implantación dun modelo agrícola máis sostible

O docente, Jairo Restrepo, é un dos maiores expertos mundiais neste método de cultivo que se enfoca en producir alimentos de alta calidade mentres preserva o equilibrio ecolóxico e a fertilidade do solo. Ensinaralles a elaborar biofórmulas, activar os microorganismos ou facer caldos minerais para o control de enfermidades e eliminar a dependencia dos insumos externos.

Ampliar
Beatriz Suárez Sánchez, directora da Área de Desenvolvemento Rural da Fundación Juana de Vega, participa no Vertical Summit en Vigo.

A Fundación Juana de Vega expón en tres foros a súa contribución ao desenvolvemento rural de Galicia a través do emprendemento, a I+D+i e a participación social

Beatriz Suárez Sánhez, directora da Área de Desenvolvemento Rural da Fundación Juana de Vega, participa esta semana como convidada en tres xornadas en Vigo, Lugo e A Coruña. Nelas presentará o traballo da nosa entidade para promoción do medio rural de Galicia desde diferentes sectores e tamén apoiando a formación de novos profesionais recibindo estudantes en prácticas.

Ampliar
Acto celebración 60 aniversario CFEA de Guísamo (Bergondo)

Noraboa ao CFEA Guísamo polo seu 60 aniversario!

O pasado venres, 4 de outubro, José Manuel Andrade Calvo, director da Fundación Juana de Vega, acompañou ao CFEA de Guísamo na celebración do seu 60 aniversario. Ademais de asistir á inauguración da efeméride, saudou e felicitou en persoa ao equipo directivo e os responsables da AGACAL e da Consellería do Medio Rural pola súa longa traxectoria do centro educativo. Máis tarde, Pedro Calaza, director da Escola Galega da Paisaxe da entidade, participou na mesa redonda.

Ampliar