Novas

O I Foro Rural Terras Gauda reflexiona sobre o futuro do viño galego 

A participación de Alfonso Ribas na coordinación do evento reflicte o compromiso da Fundación Juana de Vega coa sostibilidade do sector vitivinícola, participando en proxectos europeos sectoriais como ECOSPHEREWINES ou Soil&WineResidues. Ademais, a Fundación tamén coordinou a elaboración da “Estratexia de dinamización das comarcas vitivinícolas de Galicia”. 

Ampliar

A Fundación Juana de Vega abre un debate colaborativo entre expertos internacionais e cidadanía para enriquecer a futura transformación do bordo litoral da Coruña

Durante os catro venres de setembro e o sábado 27 terán lugar unhas xornadas para escoitar, falar e recoller a visión técnica de profesionais de recoñecido prestixio en EE.UU. e Europa no ámbito do paisaxismo e do deseño urbano que viaxan ex proceso á Coruña convidados pola entidade co apoio da Deputación da Coruña.

Ampliar

Quinta newsletter do proxecto DOWN TO EARTH

Neste número presentamos as actividades relacionadas co tema deste terceiro ano de traballo: os instrumentos de política que reforcen o papel dos agricultores e xestores do territorio na loita contra o cambio climático e os riscos ambientais.

Ampliar

A Fundación Juana de Vega convida aos principais estudos de paisaxismo internacionais a reflexionar sobre o futuro do borde litoral da Coruña

A sede da entidade acollerá os venres 5, 12, 19, 26 e o sábado 27 de setembro as xornadas internacionais “Paisaxes litorais consilientes”, con prazas limitadas de asistencia. Mary Bowman de Gustafson Porter + Bowman (Londres); Daniel Vasini de West8 (Róterdam); Chris Reed de STOSS (Boston); ou Edward Fox da Manchester University (Manchester) son os relatores internacionais deste encontro. A Fundación Juana de Vega será en setembro un espazo colaborativo de diálogo, debate, participación activa e proposta de ideas innovadoras sobre novos paradigmas de urbanización sostible e máis integradora.

Ampliar