Novas

A avea negra autóctona impulsa a innovación galega coa presentación dos primeiros prototipos cosméticos e alimentarios

O Grupo Operativo Avea Moura celebrou hoxe unha xornada de transferencia ao sector durante a que se puido testear desde unha crema facial para peles con rosácea a degustar pans singulares, un “Garum” de avea e outros fermentados para alta cociña. Os socios desta investigación aplicada de tres anos son a Misión Biológica de Galicia – CISC, nós, a Fundación Juana de Vega, o restaurante Culler de Pau e a cooperativa Muuhlloa. Colaboran CIAM, INORDE, Universidade da Coruña e Panadería Dacunha.

Ampliar

CONTRATACIÓN DUN SERVIZO DE APOIO PARA A XESTIÓN DO GABINETE DE COMUNICACIÓN E A EDICIÓN DE CONTIDOS DOS MATERIAIS DE COMUNICACIÓN DO PROXECTO INTERREG SUDOE "Soil&WineResidues – Sostibilidade do solo de viñedo e aproveitamento ecoeficiente dos residuos vitivinícolas" (Código de contratación: 06/2025) 

A Fundación Juana de Vega, en calidade de beneficiaria e responsable de comunicación do proxecto Soil&WineResidues (Interreg SUDOE), saca a contratación o servizo de apoio para a xestión do gabinete de comunicación e a edición de contidos dos materiais de comunicación desta investigación europea.

Ampliar

CONTRATACIÓN DUN SERVIZO DE APOIO PARA O DESEÑO E PRODUCIÓN DE MATERIAIS GRÁFICOS PARA O PROXECTO INTERREG SUDOE "Soil&WineResidues – Sostibilidade do solo de viñedo e aproveitamento ecoeficiente dos residuos vitivinícolas" (Código de contratación: 05/2025) 

A Fundación Juana de Vega, en calidade de entidade beneficiaria e responsable de comunicación do proxecto Soil&WineResidues (Interreg SUDOE), saca a contratación o servizo de apoio para o deseño gráfico, a maquetación e a produción dos materiais necesarios para a execución das actividades de comunicación e divulgación previstas nesta investigación europea.

Ampliar

O I Foro Rural Terras Gauda reflexiona sobre o futuro do viño galego 

A participación de Alfonso Ribas na coordinación do evento reflicte o compromiso da Fundación Juana de Vega coa sostibilidade do sector vitivinícola, participando en proxectos europeos sectoriais como ECOSPHEREWINES ou Soil&WineResidues. Ademais, a Fundación tamén coordinou a elaboración da “Estratexia de dinamización das comarcas vitivinícolas de Galicia”. 

Ampliar

Quinta newsletter do proxecto DOWN TO EARTH

Neste número presentamos as actividades relacionadas co tema deste terceiro ano de traballo: os instrumentos de política que reforcen o papel dos agricultores e xestores do territorio na loita contra o cambio climático e os riscos ambientais.

Ampliar

A Fundación Juana de Vega participa en Grecia na segunda reunión do Grupo Focal da EU CAP Network

Participará na redacción de dous dos seis minipapers que recollerán as contribucións dos expertos respondendo á pregunta que vertebra este Grupo Focal: Como poden a conservación e a utilización de variedades de cultivos perennes, locais e infrautilizados, ser atractivas e rendibles para os agricultores e contribuír así a unha agricultura sostible respectuosa coa biodiversidade no marco do cambio climático?

Ampliar