
Comezan as visitas do xurado de Vilas en Flor 2026 aos concellos participantes
O equipo de expertos percorrerá os corenta municipios participantes durante as próximas tres semanas ata o 20 de outubro.

O equipo de expertos percorrerá os corenta municipios participantes durante as próximas tres semanas ata o 20 de outubro.

José Manuel Andrade Calvo, director da Fundación Juana de Vega, participou este mércores, 1 de xullo, na 27ª edición do Curso de Pensamento e Comunicación Carlos Gurméndez, organizado polo Club de Prensa de Ferrol baixo o título “Galicia, identidade e gobernanza no mundo actual”.

Esta mañá tivo lugar en Santiago de Compostela a presentación de resultados do proxecto europeo DOWN TO EARTH, unha xornada coorganizada pola Fundación Juana de Vega. No evento deuse a coñecer oficialmente a iniciativa EIRA (Espazo de Innovación Aplicada), coa que se crea un marco colaborativo no territorio para unha xestión gobernada dos datos e da innovación aplicada ao desenvolvemento rural, xurdida das aprendizaxes en Galicia durante os tres anos de traballo de DOWN TO EARTH.

O prazo para presentar candidaturas ao Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2026, na categoría “Patrimonio construído e a súa contorna”, finaliza o próximo venres, 3 de xullo. A convocatoria busca recoñecer proxectos de recuperación e posta en valor do patrimonio construído e a súa contorna paisaxística.

O Foro Territorio Rural Resiliente (FTRR) celebrou o 28 de maio o seu gran evento de balance e propostas na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Esta

O evento final celebrarase o 28 de maio na Cidade da Cultura e reunirá a máis de 200 asistentes vinculados á investigación, sector produtivo, educación, terceiro sector, medios de comunicación, administracións, persoas expertas e particulares. Máis de 120 persoas expertas, representantes de entidades, colectivos e empresas participaron no proceso previo para identificar e priorizar medidas e liñas estratéxicas que se presentarán no encontro. Os promotores do Foro Territorio Rural Resiliente destacan que “falar do rural non é falar do pasado. É falar de como Galicia quere organizar o seu futuro”.

Durante a xornada “Infraestrutura verde e viticultura no territorio da IXP Betanzos”, organizada no marco do proxecto europeo ECOSPHEREWINES, abordáronse os retos do sector vitivinícola galego ante o cambio climático, a conservación do solo, a biodiversidade e a economía circular.

O director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade, advirte de que a falta de rendibilidade das explotacións agrarias está a comprometer a remuda xeracional e, con ela, o futuro produtivo do rural galego e da soberanía alimentaria.

A segunda sesión da Mesa 6 de Comunicación e Concienciación Social do Foro Territorio Rural Resiliente puxo o foco na necesidade de reforzar a presenza do rural nos medios, combater estereotipos e crear novas alianzas entre xornalistas, universidades, creadoras de contido, administracións e sociedade civil.

O Foro Territorio Rural Resiliente (FTRR), iniciativa independente impulsada pola Fundación Juana de Vega e o Laboratorio do Territorio da USC (LaboraTe), celebrou no IBADER (Campus Terra de Lugo) a súa segunda xeira de xuntanzas técnicas.

A Fundación Juana de Vega abre a convocatoria do Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe, na categoría de “Patrimonio construído e a súa contorna”, que ten por obxecto recoñecer intervencións privadas destinadas a recuperar o patrimonio construído e poñer en valor a súa contorna, cunha contribución directa á mellora da calidade da paisaxe.

A Fundación Juana de Vega acolleu esta mañá a segunda xuntanza da mesa de “Visión estratéxica do territorio rural” do Foro Territorio Rural Resiliente. A sesión supuxo un paso decisivo na construción dun modelo de territorio máis preparado fronte aos incendios e ao cambio climático.