Novas

O Foro Territorio Rural Resiliente impulsa un debate colectivo para blindar Galicia fronte ao lume

O evento final celebrarase o 28 de maio na Cidade da Cultura e reunirá a máis de 200 asistentes vinculados á investigación, sector produtivo, educación, terceiro sector, medios de comunicación, administracións, persoas expertas e particulares. Máis de 120 persoas expertas, representantes de entidades, colectivos e empresas participaron no proceso previo para identificar e priorizar medidas e liñas estratéxicas que se presentarán no encontro. Os promotores do Foro Territorio Rural Resiliente destacan que “falar do rural non é falar do pasado. É falar de como Galicia quere organizar o seu futuro”.

Ampliar

O viño galego xera 313M€ de valor engadido e máis de 4.500 empregos directos

Un estudo da Fundación Juana de Vega cifra en 512 millóns de euros a produción anual da cadea vitivinícola e destaca o papel estratéxico das cinco DOP no desenvolvemento rural, na vertebración do territorio e na fixación de poboación.
A análise confirma o posicionamento de Galicia como unha rexión especializada en viños de calidade e alto prezo medio.

Ampliar

Como favorecer a remuda xeracional no sector lácteo de Galicia?

José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega, participou o xoves, 8 de maio na mesa redonda de “O Encontro de Sober 2025” que levou por título “¡Galicia es la leche!”. Durante a súa intervención, ademais de recordar e argumentar os motivos polos que o sector lácteo é estratéxico para Galicia, centrouse nos retos de futuro apuntando directamente á remuda xeracional.

Ampliar
ConcellodeCesuras_FotodeFranGarcía

A Xunta presentará no congreso "Reforma do mapa municipal de Galicia" as conclusións do estudo elaborado pola Fundación Juana de Vega xunto coas universidades galegas

A Xunta de Galicia organiza o próximo xoves, 19 de setembro o congreso Reforma do mapa municipal de Galicia no que presentará o “Estudo sobre a planta local galega” realizado pola Fundación Juana de Vega en colaboración coas tres universidades galegas. Na inauguración estará Teresa Táboas, vicepresidenta da Fundación Juana de Vega e José Manuel Andrade, director da Fundación, moderará unha mesa redonda na que se explicará o traballo realizado.

Ampliar

O sector alimentario galego debate as problemáticas da Lei da Cadea para mellorar o seu cumprimento

A Fundación Juana de Vega e Clusaga organizaron esta mañá un almorzo informativo para analizar a aplicación práctica desta lei e os retos da nova normativa europea sobre a morosidade
O evento, que reuniu a máis de 60 asistentes, contou coa directora da Axencia de Información e Control Alimentario (AICA), do MAPA, e co xefe do servizo da Cadea Agroalimentaria da Consellería do Medio Rural como relatores.

Ampliar