
Segundo boletín informativo do proxecto DOWN TO EARTH
O consorcio de DOWN TO EARTH, do que forma parte a Fundación Juana de Vega, acaba de publicar, en inglés e en español, o seu segundo boletín de actividades, co que conclúe o primeiro ano do proxecto e se presentan os resultados dos últimos 6 meses sobre a temática de traballo 2023: “Riscos ambientais relacionados co despoboamento e o envellecemento da poboación nas zonas rurais”.










