Entre o 20-21 de maio, Alfonso Ribas, director da área de Innovación e Investigación da Fundación Juana de Vega, asistiu en Chania (Creta, Grecia) ao segundo encontro do Grupo Focal “Recursos xenéticos locais de plantas perennes ante o cambio climático e a perda de biodiversidade” organizado pola EU CAP Network. A reunión de arranque tivo lugar en Madrid a finais de novembro pasado.
Ribas participará ademais na redacción de dous dos seis minipapers que recollerán as contribucións dos expertos respondendo á pregunta que vertebra este Grupo Focal: Como poden a conservación e a utilización de variedades de cultivos perennes, locais e infrautilizados, ser atractivas e rendibles para os agricultores e contribuír así a unha agricultura sostible respectuosa coa biodiversidade no marco do cambio climático?
Todos os resultados deste Grupo Focal da EU CAP Network, xunto cos minpapers, un informe flash e un informe final estarán dispoñibles na web: https://eu-cap-network.ec.europa.eu/focus-group-local-perennial-plant-genetic-resources-view-climate-change-and-biodiversity-loss_en
Alfonso Ribas candidatouse para participar neste Focus Group cun proyecto pionero liderado por la Fundación Juana de Vega en 2007 para recuperación de variedades de uva ancestrais na Indicación Xeográfica Protexida de Betanzos (A Coruña), concretamente a Branca Lexítima e a Agudelo. Nesta investigación de tres años, a nosa entidade colaborou coa Misión Biológica de Galicia (CSIC), a Estación de Viticultura e Enología de Galicia e coa Asociación de Viticultores de Betanzos.
Que é a Rede PAC da UE?
A EU CAP Network é un foro creado pola Comisión Europea a través do cal as redes nacionais da Política Agrícola Común (PAC), organizacións, administracións, investigadores, os empresarios e profesionais poden compartir coñecementos e información (por exemplo, mediante a aprendizaxe entre iguais e as boas prácticas) sobre agricultura e política rural.
Esta Rede apoia o deseño e a aplicación dos plans estratéxicos da PAC, a innovación e o intercambio de coñecementos, incluído o EIP-AGRI, e a avaliación e o seguimento da PAC.