Na quinta newsletter semestral do proxecto DOWN TO EARTH presentamos as actividades relacionadas co tema deste terceiro ano de traballo: os instrumentos de política que reforcen o papel dos agricultores e xestores do territorio na loita contra o cambio climático e os riscos ambientais.
Neste número tamén se recollen ata sete boas prácticas de xestión territorial en Galicia: desde o matadoiro móbil autonómico, ás casas niño ou a centro de transformación comunitario da Fusquenlla na comarca de Ferrol.
No que respecta ás actividades da nosa rexión, aproveitamos a publicación para convidar ao público ao próximo taller (en liña) do 9 de outubro no que exploraremos os enfoques multi-actor para a sostibilidade rural. Ademais, a axenda dos primeiros meses de 2026 ten un oco para anunciar para a visita de estudo e conferencia temática que organizaremos os socios galegos, AGADER (Xunta de Galicia) e nós, a Fundación Juana de Vega.
Ler a newsletter completa na seguinte ligazón >>
