
A Fundación Juana de Vega participa en Grecia na segunda reunión do Grupo Focal da EU CAP Network
Participará na redacción de dous dos seis minipapers que recollerán as contribucións dos expertos respondendo á pregunta que vertebra este Grupo Focal: Como poden a conservación e a utilización de variedades de cultivos perennes, locais e infrautilizados, ser atractivas e rendibles para os agricultores e contribuír así a unha agricultura sostible respectuosa coa biodiversidade no marco do cambio climático?










