Xornada técnica sobre melloras na produción da pataca

14 decembro 2022 a 19h

A Fundación Juana de Vega colabora coa Universidade de Vigo na organización da Xornada Técnica sobre Melloras na produción da pataca o vindeiro 14 de decembro no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro en Xinzo de Limia.

A xornada ten como obxectivo prioritario a presentación dos primeiros resultados do proxecto SoildiverAgro (http://soildiveragro.eu/) que poden axudar mellorar os rendementos da produción de pataca en Galicia.

Esta sesión informativa céntrase nunha agricultura máis sustentable e con menos custes, e está dirixida aos axentes interesados na biodiversidade do solo e na agricultura sostible.

O proxecto SoildiverAgro ten como principais obxectivos a adopción de novas prácticas de xestión e sistemas de cultivo que melloren a biodiversidade xenética e funcional do solo e reduzan o uso de insumos externos e aumenten, ao mesmo tempo, a produción e a calidade dos cultivos, a prestación de servizos ecosistémicos e a estabilidade e resiliencia da agricultura da Unión Europea.

Os participante será invitados a unirse á Comunidade SoildiverAgro e así poder contribuír na mellora e optimización das técnicas expostas.

Axenda

16:00-16:15 Presentación do proxecto SoildiverAgro
David Fernández Calviño, UVigo
16:15-16:45 Presentación do libro “Interacións entre a xestión agrícola e a biodiversidade do solo: unha visión xeral dos coñecementos actuais”
David Fernández Calviño, UVigo
16:45-17:30 Presentación de resultados preliminares do proxecto

  • Sistemas de alerta de pragas . Redución do uso de funxicidas.
    Laura Meno Fariñas, UVigo
  • Uso de fungos micorrízicos. Alternativa aos fertilizantes convencionais de P e incremento da produción.
    Paula Pérez Rodríguez, UVigo
  • Plantas trampa para redución de nematodos da pataca. Condicións axeitadas para o cultivo de Solanum sisymbriifolium.
    Servando Álvarez Pousa, INORDE
17:30-17:45 Pausa-café
17:45-18:30 Debate
David Fernández Calviño, UVigo
18:30-19:00 Comunidade SoildiverAgro. Como formar parte?
David Fernández Calviño, Uvigo
19:00 Viño Galego

 

DESCARGAS