Xornadas internacionais de paisaxe: Percepcións da Paisaxe na Vía da Prata

9 e 10 de setembro de 2022

Introdución

Unha paisaxe é unha realidade física que se percibe e a percepción depende da mirada do observador. Unha mirada que está condicionada ou sesgada pola súa cultura, formación e ambiente. Debemos valorar a paisaxe só desde o punto de vista estético ou debemos entender outros beneficios da mesma?

Esta é a pregunta básica que imos analizar, propoñendo para iso un obradoiro que afonde no coñecemento e posta en valor do territorio e que, ao mesmo tempo, permita avanzar no estudo desta cuestión.

Segundo o Convenio Europeo da Paisaxe (CEP), unha paisaxe é “unha compoñente esencial do medio no que viven as poboacións, expresión da diversidade do seu patrimonio común cultural, ecolóxico, social e económico e, ao mesmo tempo, fundamento da súa identidade". (Consello de Europa, 2000).

Pero a parte máis ecolóxica poucas veces se entende e se valora. O propio CEP destaca que as paisaxes non só inclúen aquelas de gran valor estético, senón tamén as cotiás, as de proximidade, nas que viven e desenvolven as súas actividades a maior parte da xente, e que en moitas ocasións son pouco valoradas.

En particular, preténdese abordar as cuestións:

  • Por que é necesario un cambio na percepción da paisaxe?
  • Por que é importante coñecer, comprender e valorar outros servizos que xeran os escenarios e a paisaxe?
  • Por que apostar polo capital natural é unha necesidade e non é unha opción?

Para dar resposta a estas preguntas abordaranse aspectos conceptuais e contextuais, propoñendo reflexións para unha mellor valoración e, pola súa gran importancia, debatiranse as relacións e as achegas da natureza.

A Vía da Prata: un intercambio de percepcións

O Camiño de Santiago, como itinerario cultural de referencia, resulta moi relevante dende o punto de vista da percepción, xa que nel conflúen múltiples miradas que, de xeito pausado, percorren unha gran diversidade de paisaxes dentro do noso territorio. A proxección de Galicia de cara ao exterior faise en termos de percepción da paisaxe, sendo esta o atributo que máis chama a atención dos peregrinos desde un punto de vista positivo, nun 66,52 %, segundo o Plan estratéxico de Xacobeo 2021-22. O interese dun itinerario peonil destas características como eixe vertebrador das xornadas reside en tres cuestións:

  • A confluencia de usuarios con diferentes idades, perfiles e sensibilidades, así como a interacción entre visitantes e poboación local, resultan unha oportunidade para o intercambio e o debate, permitindo acadar un coñecemento intenso do territorio que facilite á súa compresión, enriquecendo a forma en que percibimos a paisaxe.
  • O trazado da Vía da Prata, que percorre o ámbito de estudo de leste a oeste e de sur a norte, provoca que os camiñantes atravesen un gran número de tipoloxías de paisaxe ao seu paso por este territorio, que van dende o singular ata o cotián, existindo en todos eles valores nos que indagar dende o punto de vista da percepción.
  • O carácter peonil do camiño provoca unha relación lenta e pausada coa paisaxe, que permite percibir unha grande cantidade de factores nos que non repararíamos se a percorrésemos a maior velocidade. A experiencia do camiñante ten relación cos walkscapes (Careri, 2002), ou paisaxes do andar, o que nos leva inevitablemente a unha percepción da paisaxe máis completa e complexa, xa que está condicionada polo desprazamento, a multiplicidade de puntos de vista, a conxugación de distintos espazos e a variable temporal.

O percorrido da Vía da Prata e a análise das distintas percepcións dos usuarios nas diferentes contornas e tipoloxías de paisaxe identificadas serán o fío condutor destas xornadas, resaltando a importancia do Camiño de Santiago como itinerario cultural tanto para peregrinos e visitantes como para a poboación local.

Obxectivos

O obxecto das xornadas é analizar a percepción das paisaxes da Vía da Prata ao seu paso por Monterrei por parte de usuarios con perfiles diversos, e establecer un marco de intercambio e diálogo que permita ampliar o coñecemento sobre os valores da paisaxe. Proponse un estudo comparado da percepción antes e despois do transcurso das xornadas, co obxecto de avaliar se o coñecemento destes valores, dende unha óptica tanto cultural como eco-funcional, poden modificar o xeito en que percibimos a paisaxe.

Os obxectivos das xornadas son os seguintes:

  • Recoller e analizar as percepcións sobre as paisaxes da vía da prata por parte de usuarios con distintos perfís.
  • Establecer un marco de diálogo entre poboación local, visitantes, peregrinos, estudantes e expertos en diversos eidos vinculados á paisaxe.
  • Concienciar sobre a percepción da paisaxe e os servizos ecosistémicos que presta.
  • Afondar sobre os valores das paisaxes do Camiño de Santiago na súa variante Vía da Prata.
  • Valorar o cambio na percepción das paisaxes por parte dos usuarios establecendo unha comparativa antes-despois das xornadas.
  • Recoller propostas de mellora da paisaxe dende as ópticas tanto cultural como eco-funcional nos distintos ámbitos de estudo analizados.
  • Contribuír á posta en valor da Vía da Prata ao seu paso pola contorna de Monterrei.

Metodoloxía de traballo

O formato das xornadas será unha combinación de intervencións de expertos en distintas materias, visitas de campo ao longo da Vía da Prata establecendo paradas con formato “aulas na paisaxe”, conducidas por expertos locais en diversos eidos que aporten coñecemento sobre os valores do ámbito de estudo, e obradoiros de debate en grupo nos que os participantes poidan chegar a puntos de encontro, co obxecto de realizar propostas. O formato das conferencias combinará presentacións con soporte audiovisual, sesións de debate enfrontando distintas perspectivas sobre o mesmo asunto e obradoiros, nos que se requirirá de forma expresa a participación proactiva do alumnado.

As xornadas serán coordinadas pola experta Esther Valdés, Dra. en arquitectura da paisaxe. Directora do Grao en xestión urbana da Universidad Camilo José Cela. Desenvolveu o seu labor investigadora en materia de paisaxe, percepción en cambio climático.

Axenda

Programa

As xornadas desenvolveranse durante os días 9 e 10 de setembro de 2022, en base ao seguinte programa:

Venres 9 de setembro de 2022

10.00 h – Recepción dos participantes

10.15 h – Presentación das xornadas

11.00 hSaída de campo. Percorrido pola Vía da Prata, incluíndo as seguintes paradas no camiño tipo “aulas de interpretación da paisaxe”:

  • A Fortaleza de Monterrei – paisaxe patrimonial, acompañados de Rafael Castro.
  • O río Támega – paisaxe natural, acompañados de Xosé Ramón Reigada.
  • O núcleo de Verín – paisaxe urbana, acompañados de María Álvarez.

14.00 h – Pausa para xantar (pícnic)

  • Canón de Armada – paisaxe panorámica, acompañados de Rubén García.
  • O viñedo e os soutos – paisaxes produtivas, con visita a adega.

* As paisaxes cotiáns – paradas aleatorias de reflexión en grupo.

20.00 h – Fin da xornada

Sábado 10 de setembro de 2022

9.00 h – Conferencia “A percepción da paisaxe: entre o coñecemento e a emoción”. Esther Valdés Tejera, Dra. arquitecta da paisaxe. Directora do Grao en xestión urbana da Universidad Camilo José Cela.

10.00 h – Conferencia “Os servizos ecosistémicos como recursos para percibir e valorar a paisaxe”. Pedro Calaza, Enxeñeiro agrónomo e Dr. Arquitecto da paisaxe. Director da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega.

11.00 h – Conferencia sobre os valores culturais da paisaxe. Paulo Farinha Marques, Dr. en arquitectura da paisaxe. Profesor da Universidade de Porto. Director do Jardín Botánico da Universidad de Porto.

12.00 h – Obradoiro de traballo en grupos

14.00 h – Pausa para xantar

16.00 h – Obradoiro de traballo en grupos

18.00 h – Presentación de conclusións e clausura.

A quen está dirixido?

O taller está aberto á comunidade universitaria, profesionais, axentes locais, peregrinos e, en xeral, a todos aqueles interesados na percepción da paisaxe e os seus valores.

Matrícula

O número de prazas ofertadas para o seminario será de 35, que deberán matricularse mediante el siguiente formulario online.

Modalidade A. Matrícula con hospedaxe en hostal e dietas. 90 por persoa

Modalidade B. Matrícula con hospedaxe en hostal e dieta. (Para estudantes universitarios). 50 € por persoa.

Modalidade C. Matrícula sen hospedaxe con café e xantar. 20 € por persoa.

Vídeo resumo