Curso de fruticultura eminentemente práctico no que ao longo de todo o ciclo vexetativo traballarase con árbores froiteiras.
A parte final do curso estará dedicada á tecnoloxía para a elaboración de zumes, sidra e outros transformados a base de froitas.
O curso pódese realizar completo ou por módulos. O alumnado que se matricule no curso completo terá preferencia na adxudicación de prazas.
Obxectivos
Ao remate do curso, o alumnado será capaz de:
- Realizar todas as operacións de xestión das explotacións froiteiras da zona atlántica.
- Realizar as tarefas de conservación, elaboración e comercialización de froitas elaboradas: sidra, zumes e outros produtos.
Para a consecución dos obxectivos, a execución do curso será de carácter descontinuo, abranguendo o período comprendido entre finais de febreiro e decembro para que as prácticas se desenvolvan ao longo do ciclo vexetativo.
Metodoloxía
Formación teórica e práctica sobre variedades, poda, sistemas de condución, prácticas culturais, sanidade vexetal, recollida e conservación e transformación a base de froitas.
Visita a unha explotación froiteira.
Duración, Nº de prazas e prezo
Duración do curso: 120 horas para o curso completo (marzo- decembro)
Duración de cada módulo:
- Módulo 1.- Poda de froiteiras. 32h
- Módulo 2.- Propagación de especies froiteiras e técnicas de cultivo. 28h
- Módulo 3.- Planificación da explotación, defensa vexetal, traballos de mantemento, mecanización e instalacións frutícolas. 24h
- Módulo 4.- Aproveitamento e transformación de produtos frutícolas. 28h
Número de prazas: 20
Prezo curso completo: 300 euros
Prezo por módulo:
- Módulo 1.- Poda de froiteiras. 100€
- Módulo 2.- Propagación de especies froiteiras e técnicas de cultivo. 80€ [Ampliar info]
- Módulo 3.- Planificación da explotación, defensa vexetal, traballos de mantemento, mecanización e instalacións frutícolas. 80€ [Ampliar info]
- Módulo 4.- Aproveitamento e transformación de produtos frutícolas. 100€ [Ampliar info]
Lugar
Todas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo agás a inauguración e algunhas sesións teóricas que terán lugar na sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros). (Ver programa detallado).
Asistencia
A obtención do certificado de aproveitamento implica a asistencia ao 80% das horas lectivas.